“Hai feridas que veñen de moi atrás e nin podemos sospeitar cando se fixeron nin, moito menos, se algunha vez pecharon”. Atopo esta cita n’ O cemiterio de barcos, a nova novela de Francisco Castro destinada ao público xuvenil pero que consegue atrapar a máis lectorado, sobre todo porque o autor trata temas de candente […]
O mundo que habitamos é realmente unha fonte continua de inspiración, e hai persoas que o collen para expresar sentimentos de múltiples formas. A poeta Yolanda Castaño e o artista Xosé Tomás volven confluír nun proxecto que toma o mundo na súa diversidade para contalo en poesía e ilustracións, unha idea sinxela mais que non […]
A literatura é unha ferramenta moi útil para achegar mensaxes, idea que teñen moi claro na editorial Cuarto de Inverno. Tras a publicación de SuperUlex de Susana Sanches Arins, sorpréndennos con outro título destinado á cativada e no que se reivindica a unión entre xeracións e a capacidade de axudarse mutuamente. Velloucas & Minchas é […]
Hai un tempo que me interesa afondar na literatura infantil e xuvenil, e na historia da súa xénese. De aí que o libro Da Carapuchiña ao señor Lamote, escrito por Miguel Vázquez Freire, se me presentase como unha oportunidade única para indagar nos títulos que construíron o canon da literatura para nenos e nenas, os […]