A poesía tamén aproveitou a Covid-19 para espallar os seus versos. Precisamente Lupe Gómez, unha das poetas actuais máis renovadoras, resultou gañadora do Premio “Miguel González Garcés” de Poesía 2020 da Deputación Provincial da Coruña coa obra Sílabas da peste, un conxunto de poemas, cartas e microrrelatos nos que a pandemia e o fechamento domiciliario […]
“Creo na poesía, quizais, é no único que creo”. Estes versos de Lupe Gómez insisten na defensa da poesía como case a única verdade, aquilo que é capaz de sobordar todos os límites e ir máis alá, alén do imaxinable. A poesía adquire, neste caso, un cariz revolucionario que é o que, á fin e […]
A narrativa galega precisa de propostas tan arriscadas e revolucionarias como a Camuflaxe de Lupe Gómez. Ela serve de ponte ás miles de mulleres anónimas que desde sempre traballaron arreo a nosa terra e que nunca foron recoñecidas. E xa está ben do silencio. “Ti non tiñas soños Porque as mulleres da aldea non soñan. […]