Cara de velocidade

Hai pouco descubrín a Marga Tojo a través do libro Maternidade fóra de catálogo, unha proposta feminista na que reflexiona sobre o que supón ser nai hoxe en día. Pois ben, estes días topo Cara de velocidade, co que gañou o Premio de Poesía para nenas e nenos Cidade de Orihuela 2017, e que inclúe as ilustracións de María Hergueta.

Moi en relación co ensaio e no marco do auxe do feminismo, Cara de velocidade ten certos trazos que nos levan a pensar que estamos diante dun libro revolucionario en certa maneira, se por iso entendemos a consideración das nenas ao mesmo nivel que os nenos, sen distincións. O único que se permite, pois, na infancia é soñar e gozar do día a día, buscando as grandes emocións no cotián.

Fago un dúo

co meu avó

na cociña.

Eu meneo as maracas.

El bate

contra un prato

O garfo.

Chamámoslle

á canción:

Tortilla”.

Cara de velocidade eríxese tamén como unha defensa da poesía para describir os sentimentos máis fortes e tamén o percorrer do día a día. Aí precisamente radica a maxia que os nenos e nenas deben sentir desde ben cativos. Porque é preciso fomentar a sensibilidade e a reflexión sobre o propio corpo e o mundo que nos rodea, unha tarefa na que a poesía xoga un papel vital, ao igual que a ilustración. Precisamente, estas dúas disciplinas ensámblanse moi ben aquí para demostrar unha vez máis que a arte non ten fronteiras.

Por último, quixera salientar que neste libro Marga Tojo pon o foco en aspectos nos que nunca antes repararamos, para darlle a todo o que nos rodea a dignidade que merece e ofrecéndonos a posibilidade de ver a poesía como unha fórmula da que todos podemos gozar: grandes e pequen@s.

Ficha técnica

Cara de velocidade, de Marga Tojo
Cara de velocidade, de Marga Tojo

Título: Cara de velocidade

Autora: Marga Tojo

Editorial: Kalandraka

Ano de publicación: 2018

Número de páxinas: 45

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.