Intríganme moito os mecanismos que se atopan detrás da creación dunha obra de arte. Supoño que, en moitas ocasións, estes van moi ligados á propia evolución persoal. Estes días recaeu nas miñas mans o poemario Non venal, da autoría de Alberte Momán Noval, e que, por certo, está intimamente ligado coa súa novela máis recente, […]
“Veño de definir as fronteiras do meu corpo. Veño de marcar a liña que nunca ninguén deberá sobrepasar. Esta botella e máis eu formamos parte do mesmo corpo. Nunca se che ocorrería beber dela sen o meu consentimento”. Sorpréndeme a nova novela de Alberte Momán, tanto polo formato como polo contido. Como el mesmo explica […]
Na nosa vida todo é cuestión de etapas. Tamén as lecturas. Por iso este ano medra en min a busca de poemas que sexan en si mesmos unha loita, un berro ante a inxustiza e que, ao mesmo tempo, me fagan amar aínda máis a palabra escrita. Nesta etapa revolucionaria (que, por certo, non quero […]
Alberte Momán (Ferrol. 1976) confésase ser unha persoa que escribe, que fuxe das diferenzas entre xéneros e que só busca atopar o argumento co que contar aquilo que, dunha ou doutra forma, marca a súa vida. Despois de publicar un bo monte de libros, sobre todo de poesía, caso de O lobo da xente (Ed. […]
Xa sei que ao falar de poesía parece unha obviedade dicir que parte do máis íntimo. Non en van se adoita dicir que os e as poetas son persoas que teñen os sentimentos a flor de pel, e que empregan a poesía para expresar as súas sensacións diante das inxustizas, o amor, a dor, o […]