
Teño predilección por eses libros que conseguen capturar un instante, unha etapa, un pasado, e facelo con verbas que somerxen ao lector/a nunha atmósfera atrapante. Iso mesmo é o que fai Salvador Rodríguez Pastoriza, xornalista buenense director de Suplementos en Faro de Vigo, e que propón na obra Liboreiro Blues un xogo co máis bonito de Bueu e Cangas, dous municipios da comarca do Morrazo aos que el se sentiu desde sempre moi apegado.
O libro que teño entre mans consta de pequenos capítulos que máis ben son recordos enlatados, que fan que se poidan ler independentemente, e coñecer máis da historia de Bueu, das súas rúas, das súas xentes, das súas tabernas, das súas praias, dos seus edificios, e da infancia e adolescencia do autor que se sente orgulloso se pisar por esta terra e pasar os grandes anos da súa vida.
Salvador Rodríguez fainos pensar e valorar o que temos, que non é pouco. É un libro que mestura o galego co castelán, que nace de conversas, de momentos aparentemente banais, unha técnica que empregan os mellores mestres da literatura. Semella que en moitas ocasións queremos botar a vista atrás e deixar sobre o papel os nosos recordos, para que estes non se esvaezan.
Liboreiro Blues ten un título que nos leva inevitablemente a recordar Tokio Blues do nipón Haruki Murakami, e nese sentido, atopamos a similitude da nostalxia como creadora de literatura, de historias de emocionan.
Ficha técnica
Autor: Salvador Rodríguez Pastoriza
Editorial: Bueu Edicións
Ano de publicación: 2015
Número de páxinas: 90
Hola, estoy en Buenos Aires, Argentina. ¿cómo puedo conseguir “Liboreiro Blues”?
Gracias
Me gustaMe gusta
Hola Julia. Pues la verdad es que no lo sé. Si quieres escríbeme al correo lecturafilia.blog@gmail.com e intento ponerte en contacto con el autor. Abrazos
Me gustaMe gusta