Dise no prólogo do libro Do gris ao violeta, escrito polo alcalde de Pontevedra, que “a historia dunha cidade, a evolución dunha comunidade non se pode escribir sobre o esquecemento das vidas das mulleres que foron as súas protagonistas principais”. Por iso, a recuperación do traballo das mulleres sería algo que debería vir de éxito natural, algo que non acontece así.
No medio dese gris que é a historia das mulleres nas sociedades, dende o Concello de Pontevedra comezaron no 2012 un necesario proxecto de recuperación desas voces e vidas femininas, que contribuíron á creación do imaxinario que hoxe en día é Pontevedra.
Con esa conciencia violeta, coa que todos e todas deberiamos ver a vida, contribuíron varios estudosos e estudosas que quixeron poñer enriba da mesa as imaxes e a historia de quenes nunca terían que pasar desapercibidas.
As mestras que loitaron por fomentar un éxito diferente de aprender, as artistas que creron na cidade pontevedresa como un espazo de creación e reflexión, as palilleiras, as vendedoras, as mariscadoras, as redeiras, as prostitutas e tamén as vítimas silenciosas da represión franquista en Galicia. Elas aparecen neste libro cos seis no es e apelidos, e ata con fotografías, o que converte esta aposta do concello pontevedrés nun verdadeiro testemuño da nosa historia, e que cómpre non esquecer.
Participan neste texto os autores/as María Xesús López Escudero, Carme Vidal, María Victoria Martins Rodríguez, Xosé Álvarez Castro, Montse Fajardo, Ana Cabaña Iglesias, Mario Gallego Rei, Ramón Rozas, María Abelleira e Ana Acuña.
Grazas a todos eles e elas, unha camiña por este libro co afán de darlle o merecido lugar que estas protagonistas merecen na historia. Aquí comezamos a activar o ronsel da memoria total, non da parcial masculina.
Ficha técnica
Título: Do gris ao violeta. Achegas á historia das mulleres de Pontevedra
Varios autores/as
Número de páxinas: 167
Editado polo Concello de Pontevedra