Hai uns anos topei de casualidade, como acontece sempre cos bos libros, con A fiestra aberta, dun home para min daquela descoñecido, Juan Parcero. Lembro ben que lin parte desta historia na Illa de Ons, un espazo que casaba á perfección co que nela se contaba, na que os sentimentos e a parte máis escura […]
Hai vilas máxicas que nacen na cabeza dun autor, vilas con nomes que non existen pero que nos levan de cheo a referentes xa coñecidos, como acontece co Macondo de Gabriel García Márquez, coa Comala de Juan Rulfo, a Vetusta de Leopoldo Alas ‘Clarín’ ou coa Auria, de Eduardo Blanco Amor. Na contemporaneidade hai escritores […]
Hai un tempo publicouse, por parte do selo 2.0 Editora, a tradución ao galego (feita por Marta Verán) dun clásico da literatura anglófona do século XX: O home que era xoves, de G.K. Chesterton. Tendo en conta o calado do escritor, tan prolífico como intelixente, a calidade da novela, tan desacougante como chea de […]
É moi complicado, cando as versións son tan impoñentes, obviar o feito de que a novela que se está a ler foi levada ao cine. O sétimo arte válese da literatura continuamente para levar ao plano corpóreo as imaxinacións dos escritores. Obras como The Godfather de Mario Puzo ou Gone with the wind de Margaret […]
Hai historias que quedan en nós coma o salitre. Antes non o entendía, mais agora que vivo nun pobo mariñeiro doume conta de que o mar é esa forza que nos entristece e que nos alegra a partes iguais, ese tótem que fai que aquilo que vivimos tome máis importancia e que ata os personaxes […]