Cuestionario Proust: Miriam Couceiro Castro, escritora e socióloga

Miriam Couceiro Castro é escritora, socióloga e doutora en Equidade e Innovación Educativa pola Universidade da Coruña. Coruñesa de adopción, comezou o seu activismo feminista no Observatorio de Igualdade e a Plataforma Feminista Galega. No ano 2013 gañou o I Concurso de traballos académicos con perspectiva de xénero “Ángeles Alvariño”, da UDC, co seu traballo O feminismo en Galiza: Rural e Urbano. Dende 2015 participa en coloquios e conferencias sobre activismo feminista e a situación das mulleres galegas.  Este ano vén de publicar na editorial Galaxia A Galiza feminista. Tebras e alboradas, no que analiza o movemento feminista no país.

Coñecémola un pouco máis neste Cuestionario Proust:

1. O principal trazo do teu carácter? Paixón e perfeccionismo.

2. Que calidade aprecias máis nun home? Sensibilidade. 

3. E nunha muller? Sensibilidade.

4. Que agardas das túas amizades? Confianza, compaña e compartir proxectos.

5. O teu principal defecto? Dubidar de min mesma.

6. A túa ocupación favorita? Escribir e medrar cara dentro.

7. O teu ideal de felicidade? Círculo pequeno, esfera privada, corazón tranquilo, mente clara e medrar cara dentro.

8. Cal sería a túa maior desgraza? Ser unha persoa dependente dos demais ou estar viva sen poder vivir a vida.

9. Que che gustaría ser? Consciente, meiga e propietaria dunha enorme granxa de Alpacas. 

10. En que país desexarías vivir? Galiza, Portugal ou Canadá.

11. A túa cor favorita? Morado, verde e negro.

12. A flor que máis che gusta? Orquidea Phalensis e as margaridas.

13. Que paxaro prefires? O colibrí e o fénix.

14. Os teus autores/as favoritos en prosa? Clarice Lispector, Isabel Allende, Berta Dávila, Edgar Allan Poe.

15. E poetas? Os poetas de cemiterio en xeral, Rosalía e Gioconda Belli.

16. Un heroe de ficción? Dumbeldore porque sempre agarda o mellor das persoas.

17. Una heroína? Paquita Salas.

18. O teu músico ou música favorito/a? Adele, Laura Pausini, Supertramp, Silvia Penide e Pili Pampín porque alegra moito nas festas.

19. O teu pintor ou pintora preferido/a? Tamara de Lempicka.

20. O teu heroe ou heroína na vida real? A miña afillada.

21. O teu nome favorito? Amara, Edelweiss e Aníbal.

22. Que hábito alleo non soportas? A impuntualidade.

23. Que é o que máis detestas? A xente que fala do corpo dos demais.

24. Unha figura histórica que che poña mal corpo? Napoleón e os Reis Católicos (os dous).

25. Un feito histórico que admires? Todo o que fixeron por nós as sufraxistas.

26. Que virtude desexarías posuír? Máis prudencia.

27. Como che gustaría morrer? Durmindo, de maior e despois dunha vida plena.

28. Cal é o estado máis común do teu ánimo? Alegre e melancólico – cálido.

29. Que defectos che inspiran maior indulxencia? A desorganización.

30. Tes unha máxima ou lema de vida? Mellorar día a día e intentar non lastimar nin lastimarme.

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Este sitio utiliza Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.