Escritor, xornalista e humorista galego, naceu en Vilagarcía de Arousa en 1977. A súa novela O home inédito converteuno en 2005 na primeira en galego editada en Internet. A partir de 2014, autoedita as súas obras. As novelas Ons, Cans, Guitiriz, e Arousa, unha serie de aventuras de adolescentes en distintos lugares de Galicia alcanzaron notable popularidade. Actualmente vén de fundar, xunto á tamén escritora Berta Dávila, o selo editorial Rodolfo & Priscila.
Coñecémolo un pouco máis neste Cuestionario Proust:
1. O principal trazo do teu carácter? O sentido do humor.
2. Que calidade aprecias máis nun home? Depende do home.
3. E nunha muller? Depende da muller.
4. Que agardas das túas amizades? Non agardo nada. Por seren amizades, confío nelas plenamente.
5. O teu principal defecto? Ser un pouco repugnante.
6. A túa ocupación favorita? Ler, escribir, ver películas na tele, nadar…
7. O teu ideal de felicidade? Ser dono do meu tempo e do meu traballo.
8. Cal sería a túa maior desgraza? Calquera relacionada coa enfermidade da xente querida.
9. Que che gustaría ser? De pequeno, futbolista. Agora, máis mal que ben, vou sendo o que quería ser.
10. En que país desexarías vivir? Calquera sen permanentes conflitos de identidade: que se o idioma, que se a normativa… Portugal estaría ben.
11. A túa cor favorita? Vermello.
12. A flor que máis che gusta? Cravo (25 de abril sempre!).
13. Que paxaro prefires? Simpatizo coas pombas.
14. Os teus autores/as favoritos en prosa? Eça de Queirós.
15. E poetas? Baudelaire, Rimbaud… Agora mesmo non dou saído de Pasolini.
16. Un heroe de ficción? O conde de Montecristo.
17. Unha heroína? Os papeis femininos do cine pre-code, por exemplo Barbara Stanwyck en ‘Baby Face’.
18. O teu músico ou música favorito/a? Chico Buarque.
19. O teu pintor ou pintora preferido/a? Manet.
20. O teu heroe ou heroína na vida real? Louise Michel .
21. O teu nome favorito? Spencer.
22. Que hábito alleo non soportas? A imbecilidade.
23. Que é o que máis detestas? O abuso de poder.
24. Unha figura histórica que che poña mal corpo? Thiers.
25. Un feito histórico que admires? A Comuna de París.
26. Que virtude desexarías posuír? Cantar ben.
27. Como che gustaría morrer? Tranquilo.
28. Cal é o estado máis común do teu ánimo? Morriñento.
29. Que defectos che inspiran maior indulxencia? Os que teñen que ver co narcisismo.
30. Tes unha máxima ou lema de vida? A do Chapulín Colorado: “Síganme los buenos”.