«Plan de rescate» de Antía Yáñez

Antía Yáñez, autora de "Plan de rescate"

A literatura debe atender á diversidade. Creo que todas as persoas temos dereito a toparnos nun libro, a sentirnos ben e mesmo a que as personaxes expresen certas realidades incómodas que vivimos. Mais tamén temos dereito a mudar a realidade, e a berrar ben alto. Precisamente con estas ideas na cabeza remato de ler Plan de rescate, a novela coa que Antía Yáñez gañou o Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade no 2019 e que vén de saír publicado en Xerais cunhas ilustracións ben acaídas de Xiana Teimoy.

As persoas que lemos Senlleiras e Be water, recoñeceremos de novo a voz dunha autora que concibe a literatura coma unha arma coa que cambiar o sistema, un instrumento educativo dende o que provocar importantes e necesarios cambios sociais. Iso é o que fan os e as protagonistas deste libro, Xiana, Héitor, Aldán e Noela, que se atopan un día calquera traballando na aula de apoio da súa escola cando desaparece a profe Xoana e comezan a acontecer cousas estrañas. Dende o comezo sabemos que estamos diante dunha historia na que o misterio e a acción serán as principais características, sempre adobiados cunha boa dose de compañeirismo e traballo en equipo, como adoita acontecer neste tipo de libros. Con todo, por se iso fose pouco para conquistarnos, a autora non agocha a súa preocupación pola diversidade, e por facernos ver que as discapacidades non existen, senón que moitas veces significan outras capacidades. A idea que subxace detrás dun argumento aparentemente convencional é que calquera persoa pode resolver un misterio ou desenvolverse na vida, e que non ten sentido que menosprecemos a ninguén por non ser coma nós. Explícao moi ben Noela, a narradora:

“Non podiamos ser tan hipócritas como para salvar o CEIP O Hórreo e deixar o rapaz alí só nos baños. Hai que ter un pouco de coherencia nos temas estes de rescatar xente. Ou liberamos a todo o mundo ou a ninguén, pero deixar persoas polo camiñó porque nos caen mal ou porque son uns panocos, pois tampouco é plan. Máis que nada, porque entón non salvariamos a ninguén, que todo o mundo ten as súas eivas”. 

Outra, e non menos importante, característica da narrativa da autora burelesa é o emprego que fai do humor e da retranca, que adobían as súas historias e quítanlle ferro ao asunto. Así, o que consegue con toda esta ensamblaxe é que pequenas e maiores gocen da historia e, ao mesmo tempo, aprendan, tomen conciencia e mesmo solten unhas risotadas de cando en vez. Creo que só con iso xa serviría para considerar que estamos diante dun bo libro. 

Ficha técnica

Título: Plan de rescate

Autora: Antía Yáñez

Ilustracións: Xiana Teimoy

Editorial: Xerais

Ano de publicación: 2020

Número de páxinas: 169

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Un comentario sobre “«Plan de rescate» de Antía Yáñez

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.