«A ganancia e a perda» de Martín Veiga

Martín Veiga, autor de "A ganancia e a perda"

Sempre me intrigan as orixes dos libros, saber de onde xermola o argumento dunha novela, como se tecen os versos dun poemario, a quen imaxinamos falando para crear unha peza teatral. No poemario A ganancia e a perda, Martín Veiga propúxose crear poemas de catorce versos que contivesen todos eles as palabras “ganancia” e “perda”, a primeira en alusión á súa inminente experiencia como pai, e a outra, pola frustración creada despois de padecer un ataque informático que borrou do seu ordenador todos os arquivos de moitos anos. Só con esta idea xa o poemario resulta tentador, non credes?

A ganancia e a perda percorre sentimentos aparentemente contraditorios, mais que teñen moito que ver entre si, pois case sempre acontece que cando perdemos algo, outro acontecemento fermoso recala nas nosas vidas. Esa idea está tamén moi presente no libro Feliz Idade, no que Olga Novo contrapón a ledicia creada tras o nacemento da súa filla e a tristura pola perda de memoria de seu pai.  O fío condutor dos dous poemarios é máis ou menos o mesmo, aínda que centrándonos no libro de Martín Veiga, nel atopamos unhas sensacións moito máis evidentes, máis limpas, que se sitúan máis no cotián, e con retallos cos que moitos nos poderiamos identificar.

Dunha banda, a perda:

“onde foron as horas que vivimos

xuntos, meu amigo? Onde fuxiron

os días e as noites que xa non están

mais na memoria han ficar presentes”

Doutra, a ganancia:

“coma nun libro de Antonio Gamoneda

arden as perdas, decántanse as idades,

e a ganancia chega no fragrante fume

que ateiga perplexas as olladas,

que penetra a mesta follaxe

de prata do esvelto bidueiro”.

Como acontece case sempre coa poesía, este libro lese coma un recompilatorio de sensacións, unha evocación do efímero, unha defensa dos pequenos detalles, do cotián, das persoas que nos rodean e coas que compartimos a vida. Creo que o máis fermoso dos poemas de Martín Veiga é que conseguen facernos centrar a mirada naquelas cousas que temos ao lado e que a miúdo nos pasan desapercibidas.

Ficha técnica

Título: A ganancia e a perda

Autor: Martín Veiga

Editorial: Kalandraka

Ano de publicación: 2020

Número de páxinas: 97

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.