O can de Milu

A autora húngara Mariann Maray na sede da editorial Kalandraka

Os álbums ilustrados son, quizais, a mellor ferramenta para a transmisión de valores aos máis pequenos e pequenas. Na difusión de obras deste calibre, a editorial Kalandraka e o Concello de Santiago de Compostela levan doce anos impulsando o Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados, que este ano premiou O can de Milu, historia creada e ilustrada pola húngara Mariann Máray, e traducida á nosa lingua da man de Manuela Rodríguez. Neste libro, que se pode ler coas crianzas de catro anos en diante, atopamos á nena Milu e á súa peculiar mascota, o can Peluso. Na compañía deste, a nena vive moitas aventuras e entende o xerme do afecto que se sente por un animal, ademais do que significa a tenza responsable do mesmo.

O can de Milu é un libro que provoca moitas sensacións, pois as múltiples cores das súas ilustracións lévannos a pensar na diversidade do mundo, na riqueza das diferenzas e na maxia de compartir espazo cos animais e coas outras persoas. Analizando a historia desde a nosa óptica de persoas adultas, chama a atención a naturalidade coa que a nena acepta á súa mascota, sen fixarse en aspectos negativos nin en estereotipos. Por iso podemos lela tamén como un alegato a favor da riqueza da multiplicidade de realidades presentes no mundo actual, no que non ten sentido negar isto.

“Peluso e Milu fixéronse inseparables. Corrían un tras doutro, xogaban e ían xuntos ao río”.

Outro dos valores que enxalza esta historia é o da amizade, transmitíndonos a idea da incondicionalidade da mesma, que cómpre reivindicar moito hoxe en día, sobre todo cando as pantallas ameazan con substituír ás persoas.

“A Milu gustábanlle os cans. Desexaba ter un, fose como fose: grande ou pequeno, salvaxe ou dócil, silencioso ou ladrador…”

En definitiva, unha historia que leva a pequen@s e maiores a reflexionar sobre o día a día e a centrarse no verdadeiramente importante.

Ficha técnica

Título: O can de Milu

Autora: Mariann Máray

XII Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados 2019

Traducción: Manuela Rodríguez

Editorial: Kalandraka

Ano de publicación: 2019

Número de páxinas: 32


Descubre más desde Lecturafilia

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Avatar de Desconocido

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Este sitio utiliza Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.