Vivir na fin do mundo

É neste lugar do mundo onde un día penso morrer na miña cama. Sabelo dá unha gran tranquilidade”. Así se expresaba a xornalista sueca Christina Lilliestierna cando na década dos anos 60 decidiu mercar o Pazo de Cadro (Marín-Pontevedra) e vir vivir a Galicia, lugar do que se namorou. Desa experiencia nace o seu libro Vivir na fin do mundo, do que xustamente a editorial Rinoceronte vén de sacar nova edición coa tradución de Marta Dahlgren e Camiño Noia.

Escrito no medio da ditadura franquista, por aqueles anos a comunidade galega aínda era case virxe e non estaba masificada polo turismo, algo que chamou a atención á sueca, que describía así as praias galegas:

As praias están baleiras, aquí e alá uns lugariños de pescadores con barcas arrombadas, vermellas, verdes coas nasas, redes e algas. As praias non foron invadidas por toldos, transistores, bares, botes de bebidas e centos de plásticos. Aquí as praias son severas, núas e serias. A marea vén e vai, e por veces bota fóra un toro de madeira lavado ou unha táboa rota”.

O estado do Pazo de Cadro, en Marín

A Galicia que ela coñeceu mudou moito, e xa poucos lugares se resisten ao turismo masivo. Salvando as distancias, o certo é que o libro contén unha oda á natureza e ás xentes galegas, das que a autora se namorou nada máis vir vivir aquí. Malia o recelo do comezo, pouco a pouco foi coñecendo a forma de ser dos seus veciños e veciñas. Neste libro conta todo iso, como chegou a Galicia e como mercou un pazo que se converteu na súa vivenda habitual e no que incluso montou unha sala de exposicións para fomentar o coñecemento de artistas descoñecidos naqueles tempos. Conta tamén o tránsito persoal dende os inicios ata que se sente unha máis, algo que expresa dun xeito moi peculiar: “eu vou vivir aquí; non son unha turista de paso que olla a xente coma se fose parte dunha visita pintoresca”.

A súa percepción de habitante e non de turista achéganos unha reflexión ben interesante e necesaria, pois en non poucas ocasións os galegos e galegas somos vistos desde os ollos das persoas turistas que só pensan na natureza paradisíaca das nosas praias e montes. Ela fuxiu de tópicos e tentou buscar a esencia da cultura galega, da etnografía e da historia. Por iso valoro este libro que recolle a ollada dunha muller que quixo comprender(nos).

Pouco a pouco achégome ás mulleres do val, cóntanme as historias da súa vida, as súas preocupacións e os seus soños. Os seus horizontes son estreitos e non se estenden moito máis aló da fronteira da propia aldea. Pero posúen unha fondura primitiva, unha base na mesma terra, que moita xentes con altas miras pode envexar”.

A publicación deste libro supón unha nova oportunidade para reivindicar a necesidade de recuperar o pazo marinense de Cadro, actualmente en estado ruinoso sen que as administracións se dignen a rehabilitalo.

Ficha técnica

Título: Vivir na fin do mundo

Autora: Christina Lilliestierna

Traducción: Marta Dahlgren e Camiño Noia

Editorial: Rinoceronte

Ano de publicación: 2019

Número de páxinas: 211

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

2 comentarios sobre “Vivir na fin do mundo

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.