Entrevista Uxía Casal: “Son unha escritora lenta porque emprego moito tempo buscando as palabras que me convenzan”

Uxía Casal, autora do libro de relatos "Saturno tamén é deus"

Uxía Casal é unha escritora lenta, no mellor sentido da palabra. Licenciada en Xeografía Historia e Filoloxía Hispánica, ten impartido clases de francés e de literatura nas Aulas da Terceira Idade e de español durante dous cursos de verán para estranxeiros na USC. En 1984 marchou para Ourense onde deu aulas de Lingua e Literatura Galegas até que en 2003 se xubilou por problemas de saúde. A afección polas historias vénlle de cativa e xa desde mociña sentiu o desexo de idear personaxes e tramas no seu maxín. Daqueles primeiros balbucidos non conserva nada, destruíunos un día no que a enchía a febre limpadora. Entre as súas obras están Un ano de fábula en catro estacións (Sotelo Blanco, 1994), As ás de Xenoveva (Galaxia, 1996), O faro de Arealonga (Xerais, 2001), Sede en Ourense (Galaxia, 2005) e Vidas exemplares (Xerais, 2006). Máis recentemente, Urco editora vén de recuperar o compendio de relatos Saturno tamén é deus.

Pregunta (P): Como senta volver ver editado un libro de hai vinte anos?

Moi ben, sobre todo porque nesta edición se conseguiu un aspecto físico do libro moi afortunada; coido que resulta moito máis atraente có anterior e, co engadido de O pequeno Mario, para min queda redondo.

(P): Saturno tamén é deus, porque este título?

Saturno considérase o deus do escuro, da sombra; non esquezamos que devoraba os seus fillos en canto nacían. Din que o planeta que leva ese nome exerce influencias profundas na psique relacionadas co escuro e o desacougo. Nas festas saturnalias que se celebraban en Roma subvertíase a orde establecida, de tal xeito que durante ese tempo os escravos comportábanse como amos, por exemplo. En particular, penso que a sombra e o escuro son tan importantes na vida coma a luz e a claridade. Así que de aí ese título: unha pequena mostra de facetas escuras que saen da vida cotiá e a converten en algo pouco seguro e desacougante.. Porque a seguridade completa non existe.

(P): Escolliches unha serie de relatos onde expresas o medo no cotián, como consegues trasladar ao lector o desasosego?

Buscando ben as palabras, sobre todo, porque a min me gusta depurar a lingua que emprego na escrita de elementos que non son imprescindibles para crear un ambiente ou provocar unha sensación. Non cómpren demasiadas palabras para iso, só as precisas, e eu emprego moito tempo procurándoas. Se penso nos contos que lin desde cativa, non minto ao afirmar que foron milleiros; primeiro os marabillosos e tradicionais e logo os de autor. Iso axuda a comprender as técnicas para despois levalas a cabo. Gústame ser impresionista, envolver o lector cunhas poucas pinceladas.

(P): A inspiración para crear está no día a día ou tes que sentarte na butaca e espremer o cerebro para que saian as historias?

As dúas cousas; depende da situación, do momento. A vida diaria ofrece múltiples posibilidades de inspiración, só hai que estar receptiva a elas; e tamén entra en xogo a imaxinación, a curiosidade e o abraio e a marabilla que nos pode producir o simple (e non tan simple) feito de estar vivo. Logo, por suposto, hai que sentar con calma e buscar as palabras que expresen do mellor xeito posible o que queremos transmitir. E iso leva tempo. Teño que engadir que non sempre busco historias; acotío son elas as que aparecen.

(P): Ademais do medo e do desasosego nas situacións cotiás, que máis teñen en común os catorce relatos aquí incluídos?

O sufrimento, o azar, a concisión…. Supoño que tamén o estilo, claro.

saturno-tamen-deus

(P): Confésaste como una escritora lenta, é difícil manter a paixón hoxe en día?

Non creo que se trate de manter ou non a paixón. A paixón é coma todos os sentimentos, ten altibaixos; non se pode pretender mantela inalterable e lineal. Somos seres complexos e a vida ten moitas facetas que cómpre atender, desde facer a compra ou a comida até relaxarse con tranquilidade na horta e observar o que nos rodea. Logo, claro está, atravesamos estados de ánimo cos que cómpre batallar. Son unha escritora lenta porque emprego moito tempo buscando as palabras que me convenzan e tamén reviso moito. Sono, tamén, porque non me dedico a escribir a tempo completo. Hai moitas cousas que facer.

(P): Cal é a técnica para conseguir escribir os relatos coa medida xusta para deixar ao lector/a intrigado e pensativo?

Vaia pregunta! Supoño que a intuición e o que absorbín das miñas lecturas, non só estritamente literarias, senón tamén formativas. Ensaios e opinións doutros escritores sobre as súas experiencias van achegando ideas que intentas poñer en práctica. E así, pasiño a pasiño, faise o camiño.

(P): A morte, o medo, a soidade, son sentimentos que atravesan aos diversos personaxes, querías entreter e ao mesmo tempo facernos reflexionar?

Máis ben quería botar fóra o que me proía por dentro, non intentaba de xeito consciente facer reflexionar a ninguén. Creo que neste mundo se fala pouco dos sentimentos e para min son fundamentais para entendernos a nós mesmos e os demais. Sen eles somos seres eivados. Supoño que nos meus escritos é inevitable plasmar ese xeito de ver a vida.

(P): Unha pregunta complexa, que é para ti a literatura?

Unha fonte de pracer, de diversión, de aprendizaxe, de evasión, de cultura … Ti mesma dis que é unha pregunta complexa e a resposta debe ser básica ou corremos o risco de convertela nun tratado filosófico que non vén a conto.

(P): Tras vinte anos da publicación deste libro por vez primeira, cres que cambiou algo na forma de concibir os relatos e de acollelos por parte dos lectores/as?

Creo que está resultando evidente polas recensións que deles fixo a crítica que se molestou en lelos. Sospeito que a primeira vez que se publicou o libro a xente non estaba afeita a este tipo de relatos escritos en galego; levábase un tipo de literatura máis realista. Agora parece que atoparon o seu público lector, do cal me aledo moito.

(P): Estás inmersa nalgún proxecto literario do que nos poidas falar?

Estou escribindo relatos do mesmo estilo; aínda non sei o título do libro nin como evolucionará; nin sequera sei se algún día será un libro, pero na miña cabeza pululan moitas posibilidades. Os títulos sempre os poño cando dou o traballo por rematado e teño definido que quero transmitir con el. Non podo concretar máis polo momento porque nin eu mesma sei que pasará.

(P): Cales son as túas referencias culturais á hora de crear?

Vouche ser sincera: aborrezo esta pregunta. Supoño que todo o que lin ao longo da vida me inflúe á hora de crear. Para ben ou para mal teño unha formación moi ampla que abrangue múltiples aspectos, se cadra porque son unha persoa curiosa e con moitos desexos de aprender. Xa comentei antes que lin milleiros de contos; sen esquecer os tradicionais e marabillosos, destacaría a literatura europea e norteamericana dos séculos XIX e XX. En español, Cortázar e Cristina Fernández Cubas teñen moito que

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.