«Os libros que hai en min» de Emma Pedreira

Este espazo tamén vai moitas veces de confesións. E eu confeso que sinto unha curiosidade case enfermiza por saber que le a xente do meu arredor, un sentimento que se incrementa cando falamos de escritoras ou escritores que admiro. É coma se nesa escolla de lecturas se agochase a apócema secreta das súas creacións. Aínda […]

Leer Más

“Xela Arias. Palabra á intemperie”, de Emma Pedreira e Laura Romero

Xela Arias, autora homenaxeada nas Letras Galegas

“Como nace unha poeta? Agroma dunha semente na terra, un día calquera baixo certas influencias de auga, luz lúa? Sae dun casulo interior? Nace como nacen todas as crianzas e máis tarde é atrapada por un estraño elemento digamos, por exemplo, o deseño de tocar e ser tocada polas cousas?” Supoño que moitas poetas se […]

Leer Más

“Entre donas”, o mundo dende a ollada feminista

Entre donas

A literatura galega non é allea á revolución que se está producindo no mundo editorial a prol da recuperación das voces das mulleres ou da creación de relatos dende unha óptica feminista. Con ese duplo obxectivo xermola Entre donas, unha recompilación de relatos feministas creados por escritoras galegas con traxectorias e idades variadas que toman […]

Leer Más

Os corpos invisibles

Emma Pedreira, autora da novela xuvenil "Os corpos invisibles"

“Cando unha non é fidalga, é dicir, de boa familia, nin ten o diñeiro suficiente para poder estudar, non estuda. E punto, sobre todo pasa isto cando unha é unha e non é un. As saias impiden todo, de sempre. Coan o aire polos baixos arrefriando as pernas, o cu e o que non é […]

Leer Más

Bibliópatas e fobólogos

Emma Pedreira, autora de "Bibliópatas e fobólogos"

Teño que confesar que sinto unha tentación especial polos libros que falan de libros, e dos sentimentos que estes nos evocan. Ante esta declaración, non sorprenderá que me declare fan absoluta de Bibliópatas e fobólogos, o recente libro de Emma Pedreira no que recolle relatos e microrrelatos nos que se fala da paixón literaria. Unha […]

Leer Más