A sociedade literaria e do pastel de pel de pataca de Guernsey

Mary Ann Shaffer e Annie Barrows falan sobre os clubs de lectura con ironía

O primeiro que chama a atención do libro de Mary Ann Shaffer e Annie Barrows é o seu título, que destaca pola súa rareza e lonxitude. Xa non é o primeiro lector que se pregunta que hai detrás desa sociedade e que é en realidade o pastel de pataca.  Despois hai outro elemento que resulta atractivo: a presenza dun club de lectura onde acoden persoas a falar de libros; e por último, que o libro estea redactado a dúas mans.

Estas son as primeiras ideas que me fixeron decantarme pola lectura deste libro, e cando me somerxín nel os meus mellores desexos comezaron a cumprirse e pouco a pouco a ver os porqués de todas a incógnitas anteriores.

A sociedade literaria e do pastel de pel de pataca de Guernsey é deses libros que te fai sentir ben, literatura feelgood como se adoita coñecer, e aínda que as vivencias duras da guerra estean presentes, os libros aparecen como unha sorte de garantes da felicidade. Arredor deles nace esa tertulia literaria en Guernsey, primeiro como unha vía de escape  e un mecanismo de defensa nos duros tempos da Segunda Guerra Mundial, e despois como unha rutina e unha forma de xuntárense todos os veciños  e veciñas e falar de libros e da vida en xeral.

Nós, os lectores, imos coñecendo todo o que ocorre (e ocorreu) na illa de Guernsey a través da correspondencia que lle chega á escritora Juliet Ashton a partir de xaneiro de  1946. A vida desta muller que estaba inmersa nunha crise creativa muda cando recibe unha carta dun descoñecido que resulta ser o creador da Sociedade Literaria e  do Pastel de Pel de Pataca de Guernsey. Ela móstrase intrigada, e con ese mecanismo xogan as escritoras para facernos partícipes dunha historia que narra o mellor do ser humano pero tamén o peor, e na que se demostra que ás veces atopas ás mellores persoas lonxe do teu entorno, do teu día a día.

A historia é narrada na súa integridade mediante cartas que recalan en nós como se fosemos os destinatarios de varios remitentes do pasado. E no medio de todo sempre están os libros como táboas salvadoras, como illas ás que podemos viaxar para atopar o tan desexado sosego.

Esta idea é precisamente a que defenden as autoras desta novela. De feito, a mesma Mary Ann Shaffer remata cunha reflexión coa que eu concordo á perfección, e que afianzo con este libro:

“Espero, tamén, que o meu libro ilustre a miña convicción de que o amor polas artes –sexan poesía, narrativa, pintura, escultura ou música- axuda ás persoas a superaren calquera barreira erixida polo home”.

Sen dúbida o obxectivo está máis que logrado, e este é outro libro que recala na miña vida para mostrarme que as palabras sempre poden afrouxar todo o malo.

Ficha técnica

portada_guernsey_webTítulo: A Sociedade literaria e do pastel de pel de pataca de Guernsey

Autoras: Mary Ann Shaffer e Annie Barrows

Editorial: Rinoceronte

Ano de publicación: 2008

Ano de edición: 2016

Tradución ao galego: Moisés Barcia

Número de páxinas: 279

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.