Lire c’est comme vivre

Unha necesidade vital, como o aire para respirar. Así me atrevería eu a describir a miña paixón pola lectura. Xa non é coller un libro por obriga ou por mero aburrimento, senón coller un libro como se foses planificar a maior festa nunca vista. Porque estou segura de que “ler é vivir dúas veces”. Gústanme esas dúas vidas que levo. Pero a lectura somérxeme en vidas diferentes que eu escollo en cada momento en función do que precise: unha historia de amor, unha historia de acción, unha historia fantasiosa …  Un libro “ á carta”.

Non recordo moi ben cando comezou  esta paixón vital. Ao longo do meu percorrer académico funme decatando de que lonxe desa literatura que che obrigaban a ler, podía haber tamén unha literatura coa que ti gozases.  Quizais cando ninguén che obriga a facer nada é cando lle colles o gusto a algo e iso é o que me aconteceu a min.

Día a día reflexiono e decátome de que non sei que faría eu se non tivese unha forma de evadirme por un momento dos problemas da vida real. Aínda que nos libros tamén hai debates e problemas entre os personaxes e poden darse similitudes coa túa persoa. Polo tanto, sinto a lectura como unha terapia. Como algúns fan co cinema, eu devoro libros, libros que me fan  estar todo o día pensando no momento en volver chegar a casa e ter un rato para poder continuar avanzando, para relaxarme.

Gústanme eses libros que te fan adentrarte na historia ata o punto de chegar a pensar que formas parte dela.  Esa é para min a verdadeira literatura, a que conta uns feitos imaxinarios ou reais que conseguen que o lector permaneza aí e forme parte dos mesmos.

Isto foi o que me pasou nestas dúas últimas semanas nas que estiven inmersa no estudo para os exames deste cuadrimestre e ao mesmo tempo inmersa en Dime quién soy de Julia Navarro. Foi un libro que, a pesares da súa aparente facilidade de comprensión, me enganchou e conseguiu emocionarme ata o final. Coñecer a personaxe ficticia Amelia Garayoa levoume a case que coñecer toda a historia do século XX: a guerra civil e o franquismo en España, o comunismo en Rusia e o stalinismo, a Segunda Guerra Mundial, o caso das espías no período da guerra , os campos de concentración …

Pero esta historia transmitiume máis ca nada unha clara humanidade, unha visión da sociedade loitadora que deixamos atrás, de tantos dos nosos antepasados que sufriron as verdadeiras calamidades  e cruezas de guerras e réximes fascistas dos que eles non eran máis que monicreques que só tiveron a desgraza de vivir nesa época.

Amelia Garayoa é pois a protagonista que vive case que toda a historia deste século e que pode considerarse o “alter ego” de moitas persoas anónimas que viviron -ou sufriron- esa época. Julia Navarro pretende explicar a través de personaxes ficticios unha época da que parece que só quedan uns poucos vestixios. Pretende facernos recordar que o pasado sempre volve ao presente e que os feitos históricos por moito que se tenten soterrar ou dar outra visión deles non se van da memoria dos pobos.

Este é só un exemplo dos libros que pasaron e seguen pasando pola miña vida sen deixarme indiferente. Os libros que te fan pensar máis alá, buscar as similitudes co mundo que nos rodea.

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.