Edipo Rey e a comunicación

A traxedia grega de Edipo Rey ten unha dualidade entre o que poderían ser as ansias do home por saber todo o que o rodea e, por outra, o medo a investigar sobre o que se quere coñecer. Edipo é un personaxe moi complicado e difícil de entender porque leva no seu interior a culpa sen el ter noción de que a porta. Ao mesmo tempo, está moi presente o destino, do cal ninguén  se libra.

En canto aos aspectos comunicativos, xa nesa época (sobre o 430 a.C.) está moi presente o rumor como forma de comunicación. De feito, Edipo decátase da súa verdadeira identidade debido aos rumores da xente do pobo de Corinto, ao que fora desterrado cando tan só era un neno por culpa dun oráculo que pesaba sobre Layo, o seu verdadeiro pai, de que o seu fillo o mataría e se casaría coa súa esposa. Por iso, aquí os rumores plantéxanse coma unha forma de acceder a unha indagación posterior, xa que a partir de aquí, Edipo tentará saber se as informacións que circulan polo pobo sobre el son ou non certas.

Para saber iso leva a cabo un proceso que poderiamos chamar de “investigación xornalística”, xa que comeza a preguntar a diversas persoas sobre certos feitos (Edipo: “Ahora que estáis aquí, decidme la verdad”, Tiresias: “Tengo la verdad”). Estas persoas actuarían como fontes xornalísticas, xa que lle van proporcionando a Edipo a información que necesita para resolver o “misterio”.

A información vénlle a Edipo, pois, en diferentes doses. Quere isto dicir que é  como unha noticia en continuidade da que se van coñecendo os datos pouco a pouco. Segundo Soledad Puente algo arquetípico das traxedias gregas, e algo que se ve tamén en Edipo, é ese continuo clima de tensión e expectación. O xornalismo tamén narra acontecementos nos que ás veces xera un certo clima de expectación, que é o que fai que o lector teña intriga e lea.

O proceso de investigación da morte de Layo, que Edipo quere coñecer, segue a estrutura das 6w da noticia tal e como a coñecemos hoxe dende a teoría xornalística: “que”, “quen” , “onde”, “cando”, “por que” e “como”. Así, cando Edipo fai as preguntas para coñecer os feitos que o rodean parece un xornalista:

-“¿En qué país pueden estar? ¿Dónde podrá encontrarse la huella de una antigua culpa, difícil de investigar?”

-“¿Cómo habría llegado el ladrón a semejante audacia, si no se hubiera proyectado

desde aquí con dinero?”

-“¿Qué tipo de desgracia se presentó que impedía, caída así la soberanía, averiguarlo?”

-“¿Por quién has sido enseñado? Pues, desde luego, de tu arte no procede.”

-“¿A quiénes? Aguarda. ¿Qué mortal me dio el ser?”

As anteriores son moitas das frases pronunciadas polo mesmo Edipo que se poden ver no texto clásico e tamén na adaptación cinematográfica de Pier Paolo Pasolini de 1967.

Por outra banda, para min é salientable a figura do adiviño Tiresias que actuaría como un descubridor do crime que Edipo cometeu ao matar ao seu pai. El encárgase de destapar o misterio ante Tebas. Iso podería entenderse, dende unha visión romántica do xornalismo, como a función que tería a prensa. Esta debería tratar de descubrirlle á cidadanía os problemas da sociedade, tería que desentrañar a información e non fiarse tanto das fontes institucionais. Aínda que é ben certo que esta é unha expresión moi idealizada dos medios, e máis na actualidade.

Por último, o coro presente na obra estaría formado polo pobo que actúa a xeito de grupo unido onde todos os individuos se amparan mutuamente para non responder de modo individualizado. Isto pode relacionarse hoxe coa idea da “masa”, é dicir, nalgúns momentos, as persoas únense para reclamar algo e  preséntanse como grupo e non como persoas concretas. É destacable a similitude entre este coro e as multitudes, unha relación máis coa comunicación actual.

 

edipore_paoloferrari

 

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.