Cuestionario Proust: Clara Vidal, poeta

Aprendín a ler con tres anos e escribo poemas dende os seis”. Este é o inicio da biografía de Clara Vidal,  poeta coruñesa que, como ela mesma se define, adoita falar en verso e escorregar fragmentos literarios ou letras de cancións nas conversas cotiás. Polo de agora ten publicados os poemarios Linguaxes dixitais e A (des) memoria, aínda que na súa páxina web  (https://claravidalpoemas.wordpress.com/) atópanse máis creacións propias.

Con estudos lingüísticos, literarios, artísticos e didácticos, aprendeu moitas cousas que afianzaron o seu carácter curioso.

Coñecémola máis neste Cuestionario Proust:

1. O principal trazo do teu carácter? Son repugnantiña.

2. Que calidade aprecias máis nun home? Así a primeira vista, o que máis avulte. Despois, a sinceridade.

3. E nunha muller? O mesmo que a anterior pregunta.

4. Que agardas das túas amizades? Que entendan sen precisar palabras.

5. O teu principal defecto? A esixencia.

6. A túa ocupación favorita? A poesía.

7. O teu ideal de felicidade? Non ter que pensar se a experimento.

8. Cal sería a túa maior desgraza? Cumprir a lei natural e sobrevivir mortes das que non soporto a idea.

9. Que che gustaría ser? Poeta rica.

10. En que país desexarías vivir? Galiza está moi ben, aínda que pasar uns meses en Costa Rica nunha casa na praia pagada pola pregunta 9 e volver á Coruña morena para intentar ir á praia en verán estaría moi ben tamén.

11. A túa cor favorita? O laranxa non.

12. A flor que máis che gusta? As lilas dos pratos.

13. Que paxaro prefires? Calquera amoroso.

14. Os teus autores/as favoritos en prosa? Os vellos que inventan historias para falar de algo e sosteñen así a literatura oral son, sen dúbida, os que máis me enganchan.

15. E poetas? José Ángel Valente, Alejandra Pizarnik, Pilar Pallarés, Olga Novo… Eu que sei?, infinitas.

16. Un heroe de ficción? Estounos coñecendo.

17. Una heroína? Yasuko Kusakabe.

18. O teu músico ou música favorito/a? O jazz.

19. O teu pintor ou pintora preferido/a? Non che sei. Dalí para días coma hoxe.

20. O teu heroe ou heroína na vida real? A miña nai.

21. O teu nome favorito? Manuel.

22. Que hábito alleo non soportas? Só un?

23. Que é o que máis detestas? Que a xente non lave as mans ou non comprenda que a auga sen xabón é só mollalas, non limpalas.

24. Unha figura histórica que che poña mal corpo? Franco.

25. Un feito histórico que admires? Calquera recoñecemento que destape a nosa historia, por pequeno que sexa.

26. Que virtude desexarías posuír? Saúde, cartos, beleza, amor, intelixencia e pouco máis nunha palabra que abranguese todo para que non me chamasen avariciosa.

27. Como che gustaría morrer? Durmida.

28. Cal é o estado máis común do teu ánimo? Deprimida.

29. Que defectos che inspiran maior indulxencia? A ignorancia recoñecida.

30. Tes unha máxima ou lema de vida? Continuar.

Imaxe da autora: Inés Regueiro Roca

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.