Cuestionario Proust: Susana Pedreira Buján, xornalista

Susana Pedreira Buján é unha das voces da radio no país, e tamén unha lectora empedernida. Tras traballar en prensa institucional e empresarial, en 2010 incorporouse a Onda Cero Pontevedra, onde a escoitamos cada mañá na actualidade diaria. Pero amais deste oficio xornalístico que ela exerce con paixón, Susana ocupa moito do seu tempo na lectura, e ten entrevistado a moitos autores e autoras da Galiza e do conxunto de España.

Organiza xunto a Diana López o encontro feminista “As mulleres que opinan son perigosas”, que se celebrou en Pontevedra por primeira vez no 2018 e a través do cal se pon o foco na necesidade de contar con voces femininas na opinión.

Coñecémola mellor neste Cuestionario Proust:

1. O principal trazo do teu carácter? Constancia.

2. Que calidade aprecias máis nun home? Lealdade.

3. E nunha muller? Lealdade.

4. Que agardas das túas amizades? Coidados.

5. O teu principal defecto? Impaciencia.

6. A túa ocupación favorita? Facer e escoitar radio.

7. O teu ideal de felicidade? Tranquilidade e saúde.

8. Cal sería a túa maior desgraza? Perder aos meus.

9. Que che gustaría ser? O que son: xornalista.

10. En que país desexarías vivir? Onde vivo: en Galicia.

11. A túa cor favorita? Violeta.

12. A flor que máis che gusta? Tulipán.

13. Que paxaro prefires? Anduriña.

14. Os teus autores/as favoritos en prosa? Non teño favoritos… teño imprescindibles actuais aos que sempre leo: Rosa Montero, Erri de Luca, Maggie O´Farrel, Manuel Rivas, Juan Tallón, Berta Dávila.

15. E poetas? Dores Tembrás e Louise Glück.

16. Un heroe de ficción? Capitán Planeta.                               

17. Una heroína? Bunny Tsukino (Sailoor Moon).

18. O teu músico ou música favorito/a? Non podo escoller, vivo escoitando música as 24 h do día.

19. O teu pintor ou pintora preferido/a? Non teño favoritos, pero admiro a obra e a figura de Maruja Mallo.

20. O teu heroe ou heroína na vida real? Meus pais.

21. O teu nome favorito? Victoria, o da miña nai.

22. Que hábito alleo non soportas? Impuntualidade.

23. Que é o que máis detestas? A falsidade.

24. Unha figura histórica que che poña mal corpo? Calquera fascista.

25. Un feito histórico que admires? O movemento sufraxista, a súa loita e os seus logros.

26. Que virtude desexarías posuír? Fortaleza.

27. Como che gustaría morrer? A verdade é que non me gustaría morrer.

28. Cal é o estado máis común do teu ánimo? Alegre.

29. Que defectos che inspiran maior indulxencia? A impaciencia.

30. Tes unha máxima ou lema de vida? Nunca é demasiado.

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.