Cuestionario Proust Sara Vila Alonso: xornalista e escritora

Sara Vila Alonso

Sara Vila Alonso (As Neves, 1989) é licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. En 2019 foi recoñecida co segundo premio Comunicar en Igualdade 2019 polo artigo “O noso toque de queda”. Como autora literaria, en 2016 logrou o primeiro premio no Certame de Relatos Curtos Os Viadutos de Redondela por “Adeus, María”. Publicou a súa primeira novela, Oito días sen Eva Cortes, tras gañar o Premio Illa Nova de Narrativa 2021. Coa súa segunda novela, O incendio, que verá a luz este abril, conseguiu o XLII Premio Eduardo Blanco Amor.

Coñecémola mellor neste Cuestionario Proust:

1. O principal trazo do teu carácter? Cústame moito definirme cunha palabra, quizais iso é un sinal de que a indecisión é un trazo importante no meu carácter.

2. Que calidade aprecias máis nun home? A amabilidade.

3. E nunha muller? Tamén a amabilidade.

4. Que agardas das túas amizades? Encántame vivir momentos bos e divertidos con eles e elas e logo recordalos con risos. Pero creo que me gusta máis aínda rir dos malos momentos compartidos. É unha especie de terapia que me fai gozar moito das miñas amizades.

5. O teu principal defecto? Cústame adaptarme aos imprevistos.

6. A túa ocupación favorita? Acariñar a miña gata.

7. O teu ideal de felicidade? A tranquilidade.

8. Cal sería a túa maior desgraza? Podo imaxinar demasiadas.

9. Que che gustaría ser? Hai mil cousas que me gustaría ser, pero estou bastante feliz con quen son.

10. En que país desexarías vivir? Teño unha especie de fascinación con Cuba, pero volvería sempre a Galicia.

11. A túa cor favorita? O lila.

12. A flor que máis che gusta? As rosas.

13. Que paxaro prefires? Danme medo os paxaros.

14. Os teus autores/as favoritos en prosa? Varían por tempadas.

15. E poetas? O mesmo.

16. Un heroe de ficción? Xena, a princesa guerreira.

17. Unha heroína? Pipi Mediaslongas.

18. O teu músico ou música favorito/a? Algún que me faga bailar.

19. O teu pintor ou pintora preferido/a? Non teño nin idea.

20. O teu heroe ou heroína na vida real? Moitas das mulleres que me rodean.

21. O teu nome favorito? Imposible escoller un.

22. Que hábito alleo non soportas? A envexa insá e a avaricia.

23. Que é o que máis detestas? O abuso de poder.

24. Unha figura histórica que che poña mal corpo? Calquera ditador.

25. Un feito histórico que admires? Calquera revolución contra a inxustiza.

26. Que virtude desexarías posuír? A de manter a calma sempre.

27. Como che gustaría morrer? Durmindo.

28. Cal é o estado máis común do teu ánimo? Dubidar.

29. Que defectos che inspiran maior indulxencia? A impulsividade.

30. Tes unha máxima ou lema de vida? Non.

Autoría foto: Beatriz Císcar

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Este sitio utiliza Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.