«Selva» de Marina Gibert

Na difusión de contidos culturais, non é só importante o texto, senón que cada vez acadan maior relevancia os sons e as imaxes, como se observa nas publicacións que xorden na actualidade e que ofrecen distintas olladas de lectura. A editorial Kalandraka iniciou hai dous anos unha serie de libros silenciosos, proposta que puiden coñecer e gozar a través de Mientras tú duermes, de Mariana Ruiz Johnson, e coa que comprobei que a literatura se pode entender con imaxes.

A mesma dinámica segue Selva, de Marina Gibert, obra gañadora do XIV Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados, convocado pola editorial pontevedresa e o Concello de Santiago. Este certame, que sempre nos dá a coñecer propostas interesantes e novidosas que nos permiten tomarlle o pulso ao sector da ilustración nas diversas partes do mundo, descubriunos o pasado ano a pluma dunha ilustradora nada en Girona no 1989, aínda que afincada en Lisboa. Tras estudar na Escola de Arte e Deseño La Llotja de Barcelona, Marina Gibert ampliou a súa formación no Seminario de Ilustración do Centro de Arte e Comunicación Ar. Co da capital portuguesa.

Cunha obra moi marcada polo protagonismo da natureza, as culturas e as pequenas cousas, en Selva sorpréndenos cunha historia na que falan soamente as ilustracións para facernos soñar e defender a liberdade a ultranza. Porque, que é a selva senón ese reduto no que a natureza se atopa acubillada e sen perigos externos? Nun mundo tendente ao capitalismo feroz, esta proposta fainos sentir que outras formas de vivir son posibles, máis apegadas ás orixes e cos sentimentos e a vista posta no día a día.

Como podemos observar, Selva é un canto de amor cara á fauna e á flora, pois o neno protagonista observa na súa viaxe o voar das bolboretas, un tigre descansando e bebendo, ou un crocodilo que non o asusta. Neste sentido, a obra supón unha reconciliación coas nosas formas de vivir sosegadas e afastadas do efecto boomerang do capitalismo unificador. A esta sensación contribúen tamén as múltiples cores que se combinan e que nos ofrecen a perspectiva dun mundo diverso, ideas que cómpre salientar e que chegan tanto ás persoas cativas como ás máis adultas. Aí reside, entón, o poder deste libro que se le a través do universo das imaxes, e ao que non lle sobra nin lle falta nada.

Ficha técnica

Título: Selva

Autora: Marina Gibert

Editorial: Kalandraka

Ano de publicación: 2021

Número de páxinas: 40

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.