“Bruxas, a forza invencible das mulleres”, de Mona Chollet

“Máis aínda, en xeral, calquera muller que destacase podía suscitar a vocación dos cazadores de bruxas. Retrucarlle a un veciño, berrar, ter un carácter forte ou unha sexualidade un pouco demasiado libre, molestar de calquera maneira que fose abondaba para que estivesen en perigo. Nunha lóxica familiar para as mulleres de todas as épocas, tanto un comportamento coma xusto o contrario podían volverse na súa contra: era sospeitosos faltar á misa demasiadas veces, pero tamén era sospeitosos non faltar nunca; era sospeitosos reunirse regularmente coas amigas, pero tamén o era levar unha vida demasiado solitaria”.

As mulleres maiores ou de certa experiencia vital son sempre vistas dende a sospeita, quizais porque os homes non gustan de que sexan elas as que leven o ritmo do mundo. Diso fala Mona Chollet no libro Bruxas, a forza invencible das mulleres, publicado recentemente en galego por Hércules de Ediciones na tradución de Ánxela Gracián. Nel atopamos un estudo amplo da historia das bruxas e da súa mala prensa, moi relacionada coas angueiras de coñecemento e de non querer claudicar perante o patriarcado.

Que suxire a palabra ‘bruxa’? A autora confesa que buliga enerxía, que “remite a un saber da terra mesma, a unha forza vital, a unha experiencia acumulada que o saber oficial despreza ou reprime” e que “a bruxa encarna a muller liberada de todas as dominacións, de todas as limitacións; é un idea cara ao que tender, ela amosa o camiño”. Con esas dúas definicións, a xornalista e ensaísta suíza crea unha obra novidosa, que parte de estudos de Silvia Federici para propoñer ideas arredor do que pesou na historia e aínda a día de hoxe o concepto de ‘bruxa’.

O libro aborda moitísimas cuestións e deixa reflexións abondo interesantes, pero quizais a que me pareceu máis potente é cando se fala da imaxe da ‘vella harpía’. Dende sempre se vendeu a idea de que as mulleres debían conservarse novas e guapas, porque soamente así conseguen triunfar na vida e gustar aos homes, que virían ser os dous obxectivos principais. E cando xa a xuventude se esfuma (porque todas sabemos que é efémera), a vellez semella volvernos inútiles. E senón analizase, por exemplo, que filmes e/ ou series están protagonizados por mulleres de mediana idade? por que entre algúns grupos de homes se realizan bromas do tipo “cambio a miña muller de corenta anos por dúas mozas de vinte”? O que acontece é que cando unha muller se mostra segura de si mesma, posuidora das súas propias opinións e con desexos e rexeitamentos, inmediatamente pasa a ser considerada unha loba, unha harpía, a ollos da súa contorna, tanto por parte de homes coma doutras mulleres.

Agora pensemos un anaquiño: como imaxinamos as bruxas fisicamente? Quizais o primeiro distintivo sexa o seu cabelo de cor gris, unha cor asociada á vellez e que as mulleres deben retrasar o máximo posible. E senón, pregúntase a autora, “por que os cabelos dunha muller levarían tan a miúdo a supoñer que é unha abandonada, se non é porque evocan directamente a unha bruxa vestida de farrapos?”. E xa non mentemos o desexo, porque as mulleres serán mellor consideradas nesta sociedade patriarcal se agochan as sensacións do corpo e a sexualidade.

“A un home chámanlle ‘señor’ desde os dezaoito anos ata que morre; pero, para unha muller, chega indefectiblemente ese momento no que, con total inocencia, as persoas coas que se cruza na súa vida cotiá se alían para facerlle notar que deixou de parecer nova”.

En definitiva, este libro é ideal para seguir fiando un discurso feminista máis avanzado; ademais de presentarse coma un material en galego que demostra que a nosa lingua defínese coma un instrumento plenamente válido para abordar as complexas cuestións e debates do mundo actual. Vaian por diante, pois, os meus parabéns á editorial Hércules pola creación da colección Púrpura, que se suma a proxectos similares por parte doutras editoriais que apostan pola publicación de libros sobre feminismo, como tamén é o caso de Galaxia ou Baía.

Ficha técnica

Título: Bruxas, a forza invencible das mulleres

Autora: Mona Chollet

Tradución: Ánxela Gracián

Editorial: Hércules de Ediciones

Ano de publicación: 2021

Número de páxinas:

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .