Nós, xs inadaptadxs. Representaçoes, desejos e histórias LGBTIQ na Galiza

Había ben tempo que necesitabamos un libro que afondase nas diversas realidades do colectivo LGBTIQ na Galiza, e por iso decidín apoiar durante a campaña de micro mecenado a publicación de Nós, xs inadaptadxs. Representaçoes, desejos e histórias LGBTIQ na Galiza, un libro coordinado por Daniel Amarelo e no que se inclúen artigos e estudos de diversas persoas arredor da diversidade afectivo – sexual, dos avances e do moito que aínda queda por facer. Precisabamos moito un libro coma este. Precisamos moitos máis libros así, que nos fagan pensar e que recollan a loita de tantas persoas que traballan a prol dun mundo máis xusto e igualitario.

Como ben salienta Amarelo no limiar desta edición, “o sentido é o de mapear a diversidade sexual e genérica galega, nas suas diferentes materializaçoes e teorizaçoes. Nesta paragem commuyn, recebemos ativistas, escritorxs, académicxs, médicxs, jornalistas, artistas, professorxs, etc, e empreendemos uma viagem pola cartografia do corpo andrógino em que habitamos”.  Despois desta introdución, topamos cun artigo de María Xesús Nogueira, no que se nos fala da representación das identidades sexuais non normativas na literatura galega contemporánea, no que se constata o nacemento de propostas que tratan a diversidade nos últimos tempos, pero cunha crítica que aínda anda un pouco perdida nalgúns momentos. Seguimos cunha reflexión de Xosé M. Buxán Bran sobre a teoría queer e a súa manifestación na arte galega contemporánea, na que se destacan mestrxs que experimentan neste terreo e obras artísticas que reflicten a diversidade. E xa a continuación, leremos outras propostas, todas elas ben interesantes e frutíferas, sobre a dramaturxia queer e o movemento contestatario estético, da man de Afonso Becerra, os travestismos nos espazos escénicos, por Gena AAmonde, o tratamento informativo das identidades LGBTIQ+, por Candela Barro, a identidade e a orientación de xénero desde o mundo de vista científico, por Iria Veiga, a visibilidade lésbica e a docencia queer, por Ana Ojea, a importancia da comunidade nas experiencias trans, por Xácia Ceive, o cruising Galicia, por Danny Barreto, a historia detrás da revista ‘O aturujo galego’, por Antón Lopo etc. Alén destes estudos, tamén atopamos dez relatos diversos escritos por Carlos Callón e unha breve referencia ao traballo que levan a cabo colectivos e asociacións coma Arelas, Nós Mesmas ou Coletivo Agrocuir da Ulhoa.

Neste libro, que se pode ler coma unha guía infinita coa que aprender e concienciarse, destaca moito a coidada edición, con imaxes e ilustracións que acompañan os textos e axudan a visibilizar todo o que se fai na Galiza no campo da diversidade afectivo – sexual. Amais diso, todos os textos están escritos en galego reintegrado, o que axuda a buscar esa linguaxe propia coa que as persoas LGBTIQ reivindican para expresarse e escribirse a si mesmas.

Aínda que me restan algúns artigos por ler, o que tiro en conclusión deste libro é que precisamos ser valentes e darlle a volta ao mundo, derrubar os muros do patriarcado e loitar por unha sociedade na que cada persoa poida exercer libremente os seus desexos e necesidades. Gustaríame culminar este breve comentario, cunha cita que a profesora Ana Ojea inclúe no seu escrito, e que pertence a Dolores Juliano e Raquel Osborne:

“Está estudiado en antropología de la educación que, cuando un tema se omite del currículo, se está transmitiendo al alumnado un discurso subliminal que dice que ese tema no tiene validez ni derecho a la existencia. En el currículo oculto de la sociedad pasa lo mismo. A las mujeres no se les reconoce el derecho a elegir opciones sexuales autónomas, por consiguiente, se elude hablar de ellas: al no reconocerlas, no es necesario discutirlas”.

Ficha técnica

Título: Nós, xs inadaptadxs. Representaçoes, desejos e histórias LGBTIQ na Galiza

Coordinador: Daniel Amarelo

Diversxs autorxs

Editorial: Através Editora

Ano de publicación: 2020

Número de páxinas: 308

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .