Cata literaria: “Noites de safari”, de Marleen MaLone

“Este relato comeza con optimismo, porque acabo de coñecer o significado da palabra hebdómada: semanal.

Sabes?, teño un talante hebdomadario. Que? Hebdo… que? Era a primeira vez que coñecía un home e un termo a un tempo. Para non quedar coma unha inculta e tomo e lombo diante dun amante inminente, decidín reprimir o desexo voraz de preguntar pola definición, e disimulei: Si, a min tamén me dá por iso ás veces… A miña frase titubeante estampouse contra a súa cara de póker e comprendín que a miña táctica fora nefasta. Para tratar de arranxalo, engadín, tentando un chisco máis a sorte: É unha peculiaridade coma outra calquera, ti tranquilo. O seu rostro descontraeuse e, nun alarde de mozo Martini, deulle a última bocalada ao pito que tiña entre os dedos índice e corazón, tripouno contra o chan, peiteou o cabelo cara a atrás coa man e puxo o casco. Queres dar unha volta?, convidoume. Unha Kawasaki con pinta de ter cilindrada e potencia suficiente como para alcanzar a invisibilidade, logo dunha aceleración de cero a cen en 2,6 segundos, e cuxa única testemuña ao seu paso ía ser a poeira. Nin tola subía eu nesa máquina satánica. As motos danme algo de medo…, confeseille. Acendeuna, quentouna ao ralentí, fixo ruxir o motor. Boteime cara a atrás. Saio dar unha volta un día por semana. Chámame un venres, cando perdas o medo.

Ir de paquete na moto dun descoñecido é do máis excitante que se pode facer coa roupa posta. Equilibrio, velocidade e, sobre todo, sensualidade. En canto sentas, a túa entreperna vai dar contra o seu traseiro, os teus brazos abrazan a súa cintura e sentes a súa respiración abdominal sobre a túa parte dianteira, da pube aos peitos, porque repousa sobre as súas costas. Mmm. Este pensamento durou tres segundos, os mesmos tres segundos que o amante hebdómada tardou en cubrirme de po. Non dun po resultante un desafogo carnal, senón do po propiciado pola arrincada fanfurriñeira sobre un chan no que non chovía había dous meses. Agarda!, berreille, pero o seu tubo de escape xa o afastara de min varios metros, cuspindo de carbono contra o asfalto.

Porque unha non é parva, pero tampouco domina o léxico con fluidez dun facedor de dicionarios, direivos –aos que tampouco sodes parvos, pero non dominades o léxico coa fluidez dun facedor de dicionarios- que ‘hebdómada’ ten dúas acepcións: ‘semana’ e ‘período de sete anos’. E este amante era adepto á primeira delas”.

Fragmento de Noites de safari, de Marleen MaLone.

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .