Libros infantís que reivindican a diversidade

A literatura é una arma cargada de futuro. Gústame pensar niso, crer que os libros poden mudar un pouquiño o mundo ou, polo menos, axudarnos a facelo máis xusto, igualitario e libre. Por iso, á miña cabeza, que non deixa de pensar en iniciativas para dinamizar e promover a lectura, chegou a idea de crear unha sección de literatura infantil na que, cunha certa periodicidade, falase de libros infantís a través dos que abordar certas temáticas. E como me gusta aprender das mellores, quedei un día coa miña amiga Carmen Quinteiro, quen conta cunha sensibilidade especial para isto por ser mestra de infantil e tamén poeta, e axudoume a enfocar o que quería. Nesa xuntanza emprestoume dous libros que ela considera ‘imprescindibles’ para reivindicar a diversidade e o dereito de todas as persoas a ser quen queiran ser. Parece algo moi sinxelo e case conseguido, pero non é así, e o mundo alértanos a diario de que aínda queda moito por facer.

Monstro rosa é unha proposta de Olga de Dios que mereceu, entre outros, o Golden Pinwheel Award 2013 e o Premio Apila 1ª impresión 2013. Nel cóntasenos o camiño que percorre o personaxe de “Monstro rosa”, que non é aceptado pola sociedade por ser máis grande que os demais. Non pode entrar na súa casa nin xogar cos outros, pero aínda así tenta ser feliz. Ata que un día chega a un lugar onde “si saía o Sol, ás veces chovía e tamén outras veces víase o arco da vella”.

O libro conta cunha forte compoñente visual. Como a mesma autora destaca “creei ilustracións dixitais coa frescura e soltura dos debuxos sobre papel. Tamén me interesaba simular as técnicas máis utilizadas pola infancia como é o rotulador ou as ceras sobre papel”.

A segunda das propostas titúlase Laia, e está escrita por Baia Fernández de la Torre e ilustrada por Leandro Lamas. Cunha temática semellante ao anterior, neste caso chama a atención o contido dos textos, moi enfocados a dinamitar os roles e estereotipos de xénero, tan presentes aínda na nosa sociedade e que fan moito dano ás nenas e mulleres. A ensamblaxe de textos e imaxes dá un protagonismo esencial á natureza, ateigada de bravura e, ao mesmo tempo, de sensibilidade, algo que define o carácter da autora dos textos. As ilustracións de Leandro Lamas, pola súa banda, destacan pola capacidade para representar o mundo dos sentimentos e a diversidade de cores achegan luminosidade á forma de concibir a vida. É por iso que estamos diante dun álbum que nos fai sentir a todos e a todas seres especiais, coa idea de que o mundo é mellor se nel existen seres de todas as características e condicións. Transmítese tamén a necesidade que as persoas temos de valorarnos a nós mesmas, de querernos, de loitar polo que nos define e nos fai únicas.

Interior do libro de Laia, de Baia Fernández de la Torre e Leandro Lamas
Interior do libro de Laia, de Baia Fernández de la Torre e Leandro Lamas

Fichas técnicas

Título: Monstro Rosa

Autora textos e ilustracións: Olga de Dios

Editorial: Apila

Ano de publicación: 2018

Número de páxinas: 36

————–

Título: Laia

Autora textos: Baia Fernández de la Torre

Autor ilustracións: Leandro Lamas

Autoedición

Ano de publicación: 2018

Número de páxinas: 34

 

 

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.