1.306/36, a crónica do asasinato de Pancho Varela polo franquismo

Pancho Varela, asasinado polo franquismo

Nunca serán moitos os libros que conten as historia de persoas represaliadas pola guerra, as historias daquelas que creron na xustiza e que o pagaron coa inxustiza. E creo que non hai acto de amor máis grande que escribir a historia dun avó que foi asasinado polo fascismo.

Chego a estas conclusións logo de ler 1.306/36, o libro que o xornalista Fernando Salgado escribiu sobre o seu avó, Pancho Varela, un destacado militante da esquerda na localidade pontevedresa de Cercedo naqueles anos previos ao golpe militar fascista de 1936. Conta Salgado que descubriu moi tarde a historia deste home, pois a súa nai e familia mantivo sempre en segredo todo o que acontecera naqueles anos escuros nos que o franquismo sepultou a liberdade e os dereitos das persoas. Pancho Varela defendía os intereses da veciñanza e reclamaba medidas sociais dende as páxinas do xornal El Pueblo Gallego. Tralo triunfo da esquerda nas eleccións municipais do 1931, é nomeado xuíz municipal e detido no 1934, acusado de ter participado na Folga Xeral Revolucionaria. Cando se produce o golpe de estado franquista convértese no delegado gobernativo mais, ante a inevitable derrota dos defensores da democracia, refúxiase no monte, que abandona pouco tempo despois para dirixirse á pequena localidade salmantina de Monresa.

Precisamente en Monresa comeza esta biografía novelada de Pancho Varela, que leva por título o número da causa pola que foi asasinado, o que non deixa de ser unha denuncia por parte do seu neto, autor desta obra tan necesaria e que se suma ás moitas que existen xa sobre a represión no noso país. Iso si, libros coma estes teñen a peculiaridade de que contribúen á recuperación da memoria histórica dunha zona pequena, tarefa que resulta aínda máis complexa pero necesaria.

Conta Fernando Salgado nesta crónica que Pancho Varela reivindicaba unha sociedade formada por cidadáns, en lugar de súbditos e puxaba pola creación de organizacións culturais e cooperativas, ademais de escolas para todas as persoas. Pensar iso naquela época era delito, e por iso foi asasinado sen que o seu legado se lembrase, ata a publicación deste libro.

Como ben comenta Salgado ao remate da historia, coas arelas do soño compartido, “Pancho Varela formaría parte da asociación Capitán Gosende, unha tropa sen rangos nin máis armas ca o entusiasmo e o coñecemento, insubornable na súa defensa dos valores que identifican a Galicia, fronte á chabacanería, as corruptelas, os complexos, a vulgaridade e a desidia de quen debería realizar esta labor”. Esta obra simboliza, pois, a unión, o fío entre as persoas que hoxe seguen a reclamar a xustiza social e as que o fixeron nun pasado non tan afastado.

Isto é a memoria histórica, a que nos queren negar sempre dende a ultradereita e os sectores máis conservadores desta sociedade podrecida.

Ficha técnica

Título: 1.306/36

Autor: Fernando Salgado

Ano de publicación: 2018

Autoedición

Número de páxinas: 127

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.