-
O evento, impulsado polo IES Johán Carballeira, terá lugar na Praza Massó e busca visibilizar o papel das mulleres na ciencia e na literatura
Tras o éxito do pasado ano, o 4 de maio de 2019 volverá celebrarase na Praza Massó de Bueu a II Feira da Ciencia e da Literatura, un proxecto impulsado polo IES Johán Carballeira e no que colabora o Concello de Bueu e todos os centros da localidade, cun único obxectivo: que a ciencia e a literatura deixen de ser departamentos estancos e que unan sinerxías para mostrar que non están tan afastadas. Ademais, nesta ocasión contará cun obxectivo máis: visibilizar o papel das mulleres na ciencia.
A dinámica da feira será semellante ao pasado ano, coa presenza de diversos postos nos que se analizarán os libros propostos, os cales están sendo traballados ao longo do curso polos alumnos e alumnas, e que eu tiven o pracer de analizar para o blog da biblioteca do centro. Así, entre os títulos desta edición están:
La señorita Bubble e Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, ambos de Ledicia Costas.
La clave secreta del universo, de Lucy E. Stephen Hawking
Marie Curie: la actividad del radio, de Jordi Bayarri
Cando Verne amarrou en Vigo, de Francisco Climent
La vuelta al mundo de un forro polar rojo, de Wolfgang Korn
De la tierra a la luna, de Jules Verne
La cuchara menguante, de Seam Kean.
A programación, na que participan todos os institutos e colexios da vila, incluirá contacontos, actuacións musicais, charlas e presentacións. Quedades convidad@s a participar. Vai ser máxico!
(A imaxe corresponde ao logo da feira, que foi deseñado por Blanca Otero Fernández, de 1º de bacharelato do IES Johán Carballeira).