Bueu, gozosos anos 30

Habitar na vila de Bueu supón un agradecemento continuo, e máis cando chegan a min proxectos coma “Bueu gozosos anos 30”, unha iniciativa que durante este mes de abril de 2019 lembrou aqueles tempos previos ao golpe de Estado, unha época de lucidez, de avance, e de fermento cultural que fixo posible que recalasen nesta vila persoas tan recoñecidas como Maruja Mallo, Federico Ribas, Gonzalo Torrente Ballester, José Suárez, Johán Carballeira ou Rómulo Gallegos.

Na luz antes da escuridade prendeu un ambiente cultural tan elevado que fixo que Bueu estivese naqueles anos na vangarda e á altura de cidades máis grandes e céntricas. Unha experiencia moi breve pero, ao tempo, intensa, que precisamos recuperar, reivindicar, e transmitir de pais a fillos para que non se esqueza.

A modo de vitamina e de semente necesaria nace un libriño que explica esta historia para a rapazada, da man do grupo Polo Correo do Vento, que tanta experiencia teñen na tarefa de contar e debuxar para os máis pequenos e pequenas. Enrique Mauricio e Carlos Taboada forman este tándem literario cuxa misión principal radica en facilitar o coñecemento dese pasado do que sabemos pouco ou de persoas que fixeron algo na loita polo que hoxe somos. Baseándose na documentación testemuña deses anos, os autores aproveitan para transmitir ideais como a liberdade, a importancia da cultura e da aprendizaxe, e a defensa do noso. Cunha técnica moi didáctica, as persoas maiores que chegamos a este libriño descubrimos que é preciso ter presente a nosa historia para tomar conciencia do mundo que hoxe habitamos, onde o local se deixa sempre nun segundo plano. Este libro concorda perfectamente con este proxecto que, da man persoas e institucións, contribuíu a rememorar unha parte da historia que o golpe de Estado e a ditadura case asolagan para sempre.

Recoñezo, aínda co risco de que este comentario torne demasiado persoal, que sinto un enorme orgullo de vivir en Bueu, de que esta terra e as súas xentes se cruzasen no meu camiño e me cambiasen para sempre. Sinto apego da súa cultura mariñeira, e das tantas persoas que no pasado e hoxe en día axudan a construír a súa identidade. Bueu é, pois, o mellor exemplo de que é posible pensar en global desde o local.

Ficha técnica

Título: Bueu gozosos anos 30

Autores: Polo Correo do Vento (Carlos Taboada e Enrique Mauricio)

Ano de publicación: 2019

Editado coa colaboración da Asociación de Amigos de Johán Carballeira, Deputación de Pontevedra e Concello de Bueu

Número de páxinas: 31

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .