A Madriña

María Carmen Caramés Gorgal, autora de "A Madriña"

Era unha xustiza histórica. Unha débeda pendente. Unha necesidade. E por iso lle dou grazas a María Carmen Caramés Gorgal: por darlle voz a Lola, esa personaxe que coprotagoniza a súa recente novela, titulada A Madriña. E digo isto porque, a parte de tratarse dunha obra moi comprometida co feminismo e coa loita pola igualdade, o certo é que me tocou moito persoalmente. Sabedes por que?

A novela comeza coa narración da historia de Lola, unha muller que nos conta a súa vida ou, mellor dito, conversa con nós coma se estivesemos con ela ao pé da lareira. Tedes que perdoarme, pero non quixera continuar sen dicirvos que Lola é case coma a miña avoa. Mentres a escoitaba, lembrei as miles de anécdotas que a avoa me contaba nesa lareira, ou debaixo da eira nas tardes de verán ateigadas de palabras e amorodos. Eran tempos inocentes aqueles, tempos nos que a vida ficaba máis pura e sosegada. E aínda que as miñas lembranzas só se subscriben a pouco máis dunha vintena de anos, o certo é que Lola fixo aflorar en min todo iso. Cunha linguaxe libre de artefactos lingüísticos e moi apegada ao terreo do sensible e do tradicional, a autora rende homenaxe a unha forma de vida e a esas persoas que loitaron tanto e nunca se renderon. A señora Lola simboliza, pois, a todas as mulleres que ergueron o país mais nunca quixeron máis protagonismo que o que lle daba a súa familia e o tempo compartido con ela.

Acórdome ben daqueles tempos! Fartura non tiñamos moita e traballo había con forza, pero non nos faltaba alegría, polo menos aos máis cativos que o que queriamos era enredar e xuntarnos uns veciños cos outros”.

Como contrapunto atopamos a Tareixa, a afillada de Lola, a través da que se dá voz á violencia machista e ás consecuencias que esta provoca nas vidas de moitas mulleres, tanto no pasado coma hoxe en día. Nesta personaxe contrapóñense os sentimentos mal entendidos do amor romántico co maltrato, tanto psicolóxico coma físico, o que nos leva a pensar no longo camiño que aínda temos que percorrer coma sociedade.

A Madriña constitúe unha novela que recupera a esencia das grandes historias, desas contadas sen florituras e só coa mirada posta no que temo sao noso redor e na débeda cara aos nosos devanceiros. É marabilloso que un libro non só se lea, senón que che fale, que as personaxes conversen contigo.

Así e todo, se tivese que destacar algún aspecto negativo diría que a historia adoece dun argumento demasiado evidente e cuxo final se adiviña xa desde o propio comezo.

Ficha técnica

Título: A Madriña

Autora: María Carmen Caramés Gorgal

Editorial: Fervenza

Data de publicación: 2018

Número de páxinas: 342

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.