Mike Waltari: Sinuhé, o exipcio (por Juan Parcero)

PRESENTACIÓN

O proceso da aprendizaxe da lectura ten varias etapas. Comézase, evidentemente, a ler palabras soltas, a adquirir fonemas, manías, filias e fobias. Despois lemos pequenos textos infantís, as primeiras frases, os primeiros grupos. O paso seguinte pode ser o cómic, máis ou menos complicado, máis ou menos extenso no seu discurso. As primeiras novelas de Verne, Stevenson ou as primeiras coleccións de narrativa xuvenil comezan a caer nas nosas mans, ao principio ilustradas, despois sen debuxos. A etapa na que se pasa da novela “para mozos” á “novela para adultos” é a derradeira, a que fai que volvamos a ter filias e fobias, pero desta vez en canto a autores, traducións, movementos literarios, correntes filosóficas. Ese paso cara ao descubrimento da Novela con maiúsculas pode darse coa obra que recomendamos: Sinuhé, o exipcio. Se ese definitivo salto se dá con unha obra que nos resulte arisca, dura, complicada, podemos involucionar e perder o avanzado. Se o pulo nolo dá un texto complexo pero doado de ler, suave nas formas e profundo no fondo, cuxa lectura é similar a unha embarcación flotando Nilo abaixo, o amor cara o escrito, a liturxia milenaria do afondamento no contado, a paixón polo descubrimento de novos mundos e novas formas de ver a realidade, a extensión basta da obra será o de menos, non quereremos rematar de gozala e buscaremos continuamente novos retos.

SINUHÉ, O EXIPCIO

O termo “novela histórica” está de moda, edítanse por moreas, lense por milleiros, moitas delas son best-sellers ás poucas semanas da súa publicación. Sinuhé, o exipcio pódese enmarcar nesa etiqueta, pero é moito máis, vai máis alo. É a obra máis coñecida de Waltari, erudito do mundo antigo, dende Roma ate Exipto. E a súa erudición chega a unhas fonduras extremas. Non só describe con profusión lugares e monumentos, non só se para en tentar de achegarnos as loitas no momento en que o movemento cara ao monoteísmo que comezou Akhenatón se topou de fronte co arraigado politeísmo instaurado, non só fala dos choques das culturas existentes fai máis de tres mil anos. Non, Waltari fala de persoas, de sentimentos eternos, do amor, o poder, os aromas dos portos do Nilo, as feituras das belezas exipcias, as dores do exilio, o amor cara unha cultura e unha forma de entender a vida e gozar a existencia, cos seus inmensos momentos de tristura e depresión e os raios de felicidade inalcanzable. Dende o punto de vista paradigmático, icónico e cervantino que nos dan o idealista e consumido por veces polas ondas da realidade Sinuhé e o seu inseparable compañeiro na viaxe vital que se nos presenta, de nome Kaptah, viaxamos por todo o mundo antigo, nos asombramos con eles, sufrimos con eles ata deixar de ler por días para despois retomar o libro e devoralo con maior interese. Sinuhé deixa no lector unha pegada indeleble. Recórdanse as primeiras frases que nos chaman a atención, colócanse por vez primeira marcadores nas follas en que un aparte nos fixo deternos para entender de maneira nidia e brillante. A empatía alcanza cotas xamais antes tocadas, a intensidade da acción empápanos e fai que o noso estado de ánimo cambie a cada paso, segundo o momento máis ou menos duro da lectura. E prémense no noso subconsciente, sen querer e de vagar, citas que chegarán a ensinarnos a valorar intres das nosas propias vidas: “non hai nada mellor para a liberación do pensar que unha longa e despreocupada viaxe”, “sentindo o corpo do neno nos meus xeonllos e con ela chamándome irmán, ningunha pena turbaba o meu sono”, “así foi e así será por sempre”. Frases que saen sen pensar e acoden a nós para axudar a enfrontar a mesma onda que asolaga a Sinuhé e que se chama mundo.

Mesmo se o paso que se dá cara a novela adulta se fai con outra lectura, deixando a parte o golpe da sorpresa, o goce de ler a novela de Waltari é singular. Dende o punto de vista estilístico é impecable: fluída, rica en matices e léxico, trufada de humor e tamén de desengano. Dende o punto de vista temático é clarificadora: Exipto, Mesopotamia, Tebas, Nilo, Corte, barrios pobres, viaxes e mundos tratados cun coidado e verdadeiro amor pola Historia, sen pegas e con todo o interese do namorado.

Recomendamos Sinuhé o exipcio como viaxe iniciática na literatura, pero tamén o recomendamos para reencontrarnos co gusto da lectura, para todos aqueles que deixaron de atopar pracer no vello pero máxico exercicio do paso das follas.

 

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

4 comentarios sobre “Mike Waltari: Sinuhé, o exipcio (por Juan Parcero)

      1. Son novata nisto de escribir nun blog. Encántame como o fas ti.
        Podrías dicirme se o fago ben ou tería que mellorar na miña escritura?.
        Fiome da túa experiencia. Grazas.

        Me gusta

  1. Un libro de obligada lectura para los amantes del antiguo Egipto, una obra maestra sin duda. Un faraón que intenta acabar con los privilegios del clero de Amón, pero muere en el intento. Un médico en una encrucijada, y la guerra como telón de fondo. Una obra magnífica. Saludos.

    Me gusta

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.