Sensacións infinitas

Desde estes invernos inmersos entre humidade e vento, o meu corazón ten esperanza, florece por ti. Un tópico, pero unha realidade á fin e ao cabo.

Só desexo sentir a quentura das túas mans enleándome o pelo, acompañado do palpitar dos teus beizos paseando sobre os meus. E escaparnos xuntos a ese noso paraíso que se atopa na fin do mundo. Ti ben sabes que é o noso lugar idílico, onde estaremos xuntos vendo como caen as follas no outono e como se reverdecen na primavera, a vida á vista dos ollos.

Amor, que o que me da forzas é chamarche “amor” por todos os tempos e que ti me digas que o noso non ten fronteiras nin lóxica. Acaso non é máis surrealista o que pasado un tempo resulta máxico? A maxia é a que nos axuda na loita.

Amor, sabes o que é un caleidoscopio? Pois o noso amor é como ese aparello, ese que nos orienta para un visionado do mundo ao noso xeito, como no primeiro namoramento.

Henry Cartier-Bresson
Henry Cartier-Bresson

Amor, que os tempos son difíciles pero ninguén nos pode roubar as experiencias oníricas. E resulta grato rememorar e anhelar moitos “almorzos con diamantes” de película ao teu carón, moitas mañás envolvéndonos nas mantas como nun xogo de nenos. A vida non sería nada sen ese pouco de infantilismo.

Eu quero ser infantil e que só ti me vexas nese estado, e xusto despois mutar, converterme nunha flor en primavera.

Amor, fagamos da nosa relación unha continua ensamblaxe coa natureza. Respiremos esa mesma paz e non nos estresemos polo paso do tempo, nin polas malas rachas. Pensemos que un temporal sempre leva á calma, aínda que esta se poida facer esperar.

Amor, amémonos como se non existise nin pasado, nin presente, nin futuro. Tan só un mundo infinito, cheo de caricias e tenrura, de bicos dados sen limitacións. Pensemos que o tempo é noso, e que o manexamos co noso cariño.

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.