Cuestionario Proust: Luca Chao, politóloga e escritora

A escritora e politóloga Luca Chao

Luca Chao (Lugo, 1988) é licenciada en Ciencias Políticas, especialista en Migracións Internacionais e doutora en Ciencias Sociais e do Comportamento cunha tese sobre a Lei da Memoria Histórica e a participación política dos descendentes do exilio republicano español.

Na X lexislatura do Parlamento de Galicia foi deputada e voceira do seu grupo parlamentario. Traballou como investigadora e docente, nas Universidades da Coruña e Santiago, e colaborou en numerosos proxectos de investigación centrados en cuestións vinculadas coa participación política, as migracións internacionais e o xénero.

Actualmente exerce labores de consultaría para o sector público e colabora con medios como Nós Diario e Público. Tamén publicou o libro de divulgación feminista Feminismo en cen palabras.

Coñecémola mellor neste Cuestionario Proust:

1. O principal trazo do teu carácter? A firmeza.

2. Que calidade aprecias máis nun home? A lealdade.

3. E nunha muller? A mesma.

4. Que agardas das túas amizades? Tempo.

5. O teu principal defecto? A dureza.

6. A túa ocupación favorita? Viaxar.

7. O teu ideal de felicidade? Un libro ao sol na Illa de Arousa.

8. Cal sería a túa maior desgraza? Perder o amor das persoas que quero.

9. Que che gustaría ser? Libre.

10. En que país desexarías vivir? Neste.

11. A túa cor favorita? A amarela.

12. A flor que máis che gusta? As hortensias.

13. Que paxaro prefires? Lamento non saber nada de paxaros.

14. Os teus autores/as favoritos en prosa? Vai por épocas. Nesta podería dicir Berta Dávila, Brenda Navarro e Amelie Nothomb.

15. E poetas? Son unha mala lectora de poesía, do último que me emocionou teño que citar a García Montero.

16. Un heroe de ficción? Sei menos de heroes que de paxaros.

17. Unha heroína? E de heroínas seguramente menos aínda.

18. O teu músico ou música favorito/a? Sabinera ao meu pesar.

19. O teu pintor ou pintora preferido/a? Frida Kahlo.

20. O teu heroe ou heroína na vida real? Calquera persoa que se compromete ata mancharse.

21. O teu nome favorito? Carmela.

22. Que hábito alleo non soportas? A mentira.

23. Que é o que máis detestas? A falta de lealdade e a equidistancia.

24. Unha figura histórica que che poña mal corpo? Resúltame difícil escoller a un único fascista.

25. Un feito histórico que admires? O goberno da Fronte Popular na II república española.

26. Que virtude desexarías posuír? A flexibilidade.

27. Como che gustaría morrer? Amando.

28. Cal é o estado máis común do teu ánimo? A ledicia.

29. Que defectos che inspiran maior indulxencia? Seguro que os meus.

30. Tes unha máxima ou lema de vida? A vida é hoxe.


Descubre más desde Lecturafilia

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Avatar de Desconocido

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Este sitio utiliza Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.