Paulo González Ogando (Pontevedra, 1982) é profesor de secundaria e imparte clases de Matemáticas en Bueu. Afeccionado á lectura de obras de divulgación científica, a súa paixón pola popularización das matemáticas levouno a escribir este libro. No seu blog Compás e regra leva compartidas máis de duascentas construcións dinámicas elaboradas seguindo as normas clásicas da […]
Andrea Fernández Maneiro é unha poeta nada en Carril (Vilagarcía) no 1964. De vocación e profesión locutora de radio, pasou pola “Cadena Ser”, Radio Galega e varias municipais, Como ela mesma confesa, o seu seu hábitat natural é a poesía en letra e imaxe (fotografía) aínda que, ás veces, tamén se deixa levar polos microrrelatos. […]
Luca Chao (Lugo, 1988) é licenciada en Ciencias Políticas, especialista en Migracións Internacionais e doutora en Ciencias Sociais e do Comportamento cunha tese sobre a Lei da Memoria Histórica e a participación política dos descendentes do exilio republicano español. Na X lexislatura do Parlamento de Galicia foi deputada e voceira do seu grupo parlamentario. Traballou […]
Blanca Riestra (A Coruña, 1970) é Doutora en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Borgoña cunha tese sobre o poeta Juan Larrea, foi directora do Instituto Cervantes de Albuquerque (Estados Unidos), directora literaria da colección “Versión Celeste” da editorial francesa Orbis Tertius, profesora universitaria e, na actualidade, traballa como profesora de secundaria no IES Neira Vilas […]
Leticia Barbadillo Vázquez (A Coruña, 1983) estudou Comunicación Audiovisual porque quería ser guionista. Hai uns anos, reconduciu a súa carreira cara ao ensino e traballa como mestra de Educación Infantil na escola pública. Nai de tres fillos, participou nos blogs colectivos «Se o vello Simbad tivese fillos» e «Sobre as cousas». A botella de lentellas, […]
Mercedes Corbillón é unha das fundadoras da libraría Cronopios, con sedes en Pontevedra e Compostela. Dende ese espazo foi construíndo unha vida arredor da literatura, e hoxe é una voz respectada e frecuente en medios de comunicación e acontecementos literarios. Escribe semanalmente nos xornais La Voz de Galicia, El Diario de Pontevedra e El Progreso de Lugo, ademais […]
Lara Boubeta (Cangas, 1994) é mestra a tempo completo e escritora cando pode. O seu activismo polos dereitos LGBTIQA+ levouna a unir estas dúas facetas e a loitar por medio da palabra. É así como nace o seu libro Xe, unha reflexión sobre o xénero e a intersexualidade adaptada ás infancias. Ademais, comparte en redes […]
Sara Vila Alonso (As Neves, 1989) é licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. En 2019 foi recoñecida co segundo premio Comunicar en Igualdade 2019 polo artigo “O noso toque de queda”. Como autora literaria, en 2016 logrou o primeiro premio no Certame de Relatos Curtos Os Viadutos de Redondela por “Adeus, María”. […]
Lara Losada, nacida en Toledo en 1993, es psicóloga titulada por la Universidad de Jaén y cuenta con un Máster en Estudios de Género de la Universidad Autónoma de Madrid. Es autora de varios libros, entre ellos Una chica azul, Alejandra, emocional, Quemar la casa o Un poco de tu leche. Es la fundadora de […]
Alberto Mancebo Soto (Vimianzo, 1983). Con quince anos comezou a colaborar na Cadena Ser da súa vila. Licenciado en Xornalismo, completou a súa formación profesional en Liverpool, a súa segunda casa e á que sempre volve. Dende o ano 2004 traballa para a Televisión de Galicia, onde se encargou de diferentes coberturas xornalísticas por toda […]