Juan Parcero é un escritor moañés que se iniciou na literatura con tres novelas psicolóxicas (Sangue no ollo, A fiestra aberta e Vento na cara) e que conta cunha manchea de curtametraxes ás súas costas. En todas elas subxace unha forma de entender o mundo moi peculiar, cunha reflexión moi alta que o achegan a autores como o ruso Dostoievski, do que se confesa admirador.
Despois da súa experiencia na narrativa realista, o pasado ano publicou A soidade selénica, unha obra de ficción científica, na que leva consigo as preguntas que poboan toda a súa obra, como o medo, a melancolía, o mundo onírico, ou a soidade.
1. O principal trazo do teu carácter? A capacidade de abstracción.
2. Que calidade aprecias máis nun home? Saber rirse de un mesmo.
3. E nunha muller? A mesma que nun home.
4. Que agardas das túas amizades? Nada, para iso son amigos.
5. O teu principal defecto? A impaciencia.
6. A túa ocupación favorita? Escribir.
7. O teu ideal de felicidade? Un libro na praia coa miña familia.
8. Cal sería a túa maior desgraza? Perder algún dos meus.
9. Que che gustaría ser? Escritor.
10. En que país desexarías vivir? No meu.
11. A túa cor favorita? Azul mariño escuro.
12. A flor que máis che gusta? A das mimosas.
13. Que paxaro prefires? O corvo de mar.
14. Os teus autores/as favoritos en prosa? Dostoievski e moitos máis, pero van moi por detrás del.
15. E poetas? Bob Dylan.
16. Un heroe de ficción? Ulises.
17. Unha heroína? Miña irmá.
18. O teu músico ou música favorito/a? David Bowie.
19. O teu pintor ou pintora preferido/a? Rozko.
20. O teu heroe ou heroína na vida real? Meu pai.
21. O teu nome favorito? Olaia.
22. Que hábito alleo non soportas? A soberbia.
23. Que é o que máis detestas? A falla de empatía.
24. Unha figura histórica que che poña mal corpo? Calquera fascista.
25. Un feito histórico que admires? A revolta dos Irmandiños.
26. Que virtude desexarías posuír? A temperanza.
27. Como che gustaría morrer? Cansado.
28. Cal é o estado máis común do teu ánimo? Melancólico optimista.
29. Que defectos che inspiran maior indulxencia? Os relacionados co amor.
30. Tes unha máxima ou lema de vida? “Vivir sen esperanza é deixar de vivir”.
Descubre más desde Lecturafilia
Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.
