Cuestionario Proust Samuel Merino: poeta e artista multidisciplinar

Samuel Merino, ou Pompa& Boato como é recoñecido no mundo artístico, é un creador multidisciplinar que  desenvolve actuacións escénicas nas que a poesía e a filosofía son os eixes centrais, con creacións de carácter intimista e autorreferenciais. Con elas pon o foco na indicibilidade das sensacións que afogan ás persoas pensándose a si mesmas; persoas que reflexionan acerca do lugar que ocupan no mundo e mais tamén do xeito no que este habita os corpos individuais.

En 2019 publicou o seu primeiro poemario en español Enésima Patada con Amor, ao que seguiu, en 2021, Trementina.

Guantanamera. Poema nun só acto é o seu primeiro traballo en lingua galega.

Coñecémolo un pouco mellor neste Cuestionario Proust:

  1. O principal trazo do teu carácter?  A extraversión.

    2. Que calidade aprecias máis nun home?  A amabilidade.

    3. E nunha muller? A amabilidade.

    4. Que agardas das túas amizades?  Xa me deron moito. Agardar algo aínda sería egoísta.

    5. O teu principal defecto? A impulsividade.

    6. A túa ocupación favorita? Digo, con certa vergonza, que os memes.

    7. O teu ideal de felicidade? A serenidade.

    8. Cal sería a túa maior desgracia? A morte da miña avoa. O derrubamento do meu fogar.

    9. Que che gustaría ser? Menos egoísta.

    10. En que país desexarías vivir? En calquera no que poida bicar ou darlle a man a un home sen que me aforquen e no que poida ver a cara ds mulleres que atope pola rúa. Son só dous exemplos…

    11. A túa cor favorita? Ocre.

    12. A flor que máis che gusta? A astromelia.

    13. Que paxaro prefires? O paporroibo porque é o que primeiro canta ao amencer e eu madrugo moito.

    14. Os teus autores/as favoritos en prosa? Saramago, Houellebecq, Virginia Woolf, Yasmina Reza, Amelie Nothomb.

    15. E poetas? Leopoldo M. Panero, Anne Carson, Roberto Juarroz, Pedro Salinas, Olga Novo, Silvia Penas, Gonçalo M. Tavares, Mar Becker (a maioría veño de descubrilas).

    16. Un heroe de ficción?  Polos recordos da Infancia: Batman e Robin Moi gay, claro :))

    17. Unha heroína? Por infancia, tamén, a muller biónica.

    18. O teu músico ou música favorito/a? Non teño unha favorita. pero nada me emociona coma o Passacaglia de Handel e Halvorsen.

    19. O teu pintor ou pintora preferido/a?  Caravaggio, podería dicir.

    20. O teu heroe ou heroína na vida real?  Heroe, non teño. Heroína, a miña avoa.

    21. O teu nome favorito?  Carme.

    22. Que hábito alleo non soportas?  Guindar lixo ao chan.

    23. Que é o que máis detestas? A marxinación e o olvido.

    24. Unha figura histórica que che poña mal corpo? Paquiño e os seus secuaces.

    25. Un feito histórico que admires? Ese feito, segurísimo, permanece oculto, e levouno a cabo unha muller.

    26. Que virtude desexarías posuír? A bondade sen fisuras.

    27. Como che gustaría morrer? Non me gustaría morrer.

    28. Cal é o estado máis común do teu ánimo? Alegre –ma non troppo-

    29. Que defectos che inspiran maior indulxencia? A capacidade de meter a zoca constantemente. Moi miña.

    30. Tes unha máxima ou lema de vida? A miña máxima é odiar o mínimo. (Non o consigo sempre, claro)

    Escrito por

    Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

    Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

    Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

    Logo de WordPress.com

    Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

    Foto de Facebook

    Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

    Conectando a %s

    Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.