Ledicia polo nacemento do Festival Virtual do Libro de Galicia

Adoro os proxectos culturais fermosos, en especial os que agroman de situacións complexas e tentan superarse. Por iso celebro moito o nacemento do Festival Virtual do Libro de Galicia, que se celebrará do 26 ao 28 de xuño coma un gran encontro virtual cos mellores autores e autoras de Galicia e que se poderá seguir na súa páxina oficial.

O festival naceu da man do portal literario Fervenzas Literarias, da xestora cultural e escritora Anna R. Figueiredo e a empresa de servizos documentais Datalib, e conta coa colaboración da Xunta de Galicia; e nel desenvolveranse diversas actividades relacionadas co libro, como presentacións, debates, foros de lectura, encontros entre escritores e escritoras… e os contidos seguirán dispoñibles na web de cara ao futuro e unha vez pasadas as datas do festival.

Como xa sabemos que a literatura galega é moi ampla, o festival tentará abarcar todos os xéneros, como a novela, ensaio, poesía, teatro, literatura infantil e xuvenil, banda deseñada e obras traducidas doutras linguas ao galego.

Como di Xurxo Souto, gran escritor e xornalista, ‘Galicia é un país de artista, e por iso haberá primavera!’ Celebro estas iniciativas valentes, sobre todo porque penso e creo firmemente que a cultura nos axuda sempre, pero máis nos tempos difíciles.

Eu non mo perdo, e vós?

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.