No camiño do vento

A pesar do intento de acabar con ela, aquí a tes, neste libro”.

O 20 de febreiro de 2017, Sesé Mateo foi asasinada nun acto de terrorismo machista a mans da súa última parella coa que ela acababa de deixar a relación. Tiña 52 anos e facía un tempo que superara un cancro de mama. Xusto agora, cando se cumpren dous anos deste cruento asasinato, chega a min No camiño do vento, un libro no cal atopo a súa voz, despois dun intenso de revisión realizado polos seus fillos coa axuda de persoas tan comprometidas como Olga Nogueira, Helena Torres, Sonia Díaz, Anxos Sumai, Carme Vidal e Míriam Ferradáns.

A Sesé matouna o machismo, mais a súa voz continúa con nós e faino neste libro. Despois da súa lectura, unha queda pensando sobre a beleza que pode existir no medio da brutalidade e volve confirmar que detrás da violencia machista non hai xustificación nin modelos de vítimas nin de agresores, senón que todas estamos expostas a sufrir en carne propia as consecuencias deste sistema patriarcal que nos relega a un espazo concreto e que nos nega incluso a voz. Pois non, Sesé nunca quixo calar, e por iso participou activamente na conformación de diversas asociacións nas que deixaba patente a súa loita por conseguir dereitos sociais para todas as persoas.

Nestes poemas escoitámola, ela fálanos, e mentres a lemos, as persoas que non a coñecemos na intimidade, pensamos que tiña que ser unha muller vitalista, positiva e cunha forza impresionante para levar adiante as causas máis difíciles. Con esa vitalidade que transmiten os seus versos, resulta incríbel saber que xa non está con nós, porque ese home nola arrebatou.

Máis alá das circunstancias extraliterarias, o certo é que neste libro descubrimos a importancia da escrita e da necesidade de loitar contra a opresión, a social e a do propio corpo. Escritos en castelán, os versos de Sesé chégannos directamente á nosa parte máis sensorial e sensible, mais tamén están ateigados de verbas reivindicativas e de toma de conciencia da propia vida.

Afuera se destrozan los cuerpos y su sonido de idioma oficial, su orden de siglos, su opulencia y su represión no asesinan los sueños, solo son golpes sobre el amor.

Por eso solo queda ir a por ellos!!!

Haz el amor, haz la guerra”.

Defensora do movemento feminista, nestes días de cuestionamento dos dereitos que tanto levou conseguir para as mulleres, a súa voz resoa na miña cabeza coma un eco, e empúxanos a que non baixemos a garda e a que non deixemos de loitar pola independencia das mulleres.

Veo en mi interior un ser magnífico:

Soy sabia y hermosa.

Amo lo que veo en mí.

Elijo amarme y disfrutar de mí misma.

Soy independiente.

Gobierno mi vida.

Expando mis capacidades

Soy libre para ser todo lo que puedo ser”.

Creo que coñecín tarde a túa voz, Sesé, pero estou segura de que me acompañará para sempre. Oxalá chegue o día no que xa non teñamos que debater sobre a igualdade. É xustiza social.

(As doazóns da presente edición irán destinadas ao apoio de orfos e orfas da violencia de xénero a través do Fondo de Becas Fiscal Soledad Cazorla Prieto).

Ficha técnica

Título: No camiño do vento

Autora: Sesé Mateo

Ano de publicación: 2019

Número de páxinas: 71

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.