Emocionario

A pasada semana celebrei o meu aniversario e entre os moitos agasallos literarios que recibín houbo un moi especial. A persoa que mo deu buscaba un libro especial, non unha novela ao uso. E elixiu Emocionario, un álbum ilustrado para pequen@s e maiores nos que se propón un camiño moi próximo ao sentir real, transitando entre emocións. Defender isto hoxe en día semella unha utopía, non credes?

Emocionario recolle textos de Cristina Núñez Pereira e Rafael R. Valcárcel sobre as diversas emocións que imos experimentando os seres humanos no avance do día e da vida. Acompañan estas emocións as ilustracións de diversos autores e autoras que achegan a súa propia visión e personalidade a un libro de por si xa ben diferente. Adriana Keselman, Alejandra Karageorgiu, Anita Morra, Bela Oviedo, Cynthia Orensztajn, Elissambura, Federico Combi, Gabriela Thiery, Javier González Burgos, Jazmín Varela, Josefina Wolf, Keki un puntito, Luciana Feito, María Lavezzi, Maricel Rodríguez Clark, Nancy Brajer, Nella Gatica, Paola De Gaudio, Patricia Fitti, Romina Biassoni, Tofi e Virginia Piñón, son todas as persoas que están detrás da parte gráfica desta proposta.

Que boísima idea crear un Emocionario nun momento no que semella que os sentimentos se están desbotando, ocultando, o que leva que vivamos somerxidos en sociedades cada vez máis opacas e nas que medra a soidade. Ante este mundo deshumanizado, este libro de emocións preséntase como idóneo para toda a rapazada, xa que nela está o necesario cambio de mentalidade e a defensa dunhas sociedades máis humanas. Un libro que é tamén un boa forma para premer o freo e por un día deixarse levar pola lentitude da calma e do sosego.

Outra cuestión a ter en conta debería ser a idoneidade desta publicación á hora de falar e reflexionar sobre o que sentimos, de identificar emocións e de compartilas e botalas fóra. Contra o individualismo e a soidade, sempre nos quedará a compañía das letras e das persoas que nos queren.

Ficha técnica

Título: Emocionario

Textos: Cristina Núñez Pereira e Rafael R. Valcárcel

Ilustracións: diversos autor@s

Editorial: Palabras Aladas

Ano de publicación: 2016

Número de páxinas: 93

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Un comentario sobre “Emocionario

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Este sitio utiliza Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.