O señor Ibrahim e as flores do Corán

Fotograma do filme no que se basea "O señor Ibrahim e as flores do Corán"

Cando estudaba relixión neses anos de educación secundaria, o profesor falounos dun filme que para el era moi especial. Ante os nosos ollos dubidosos e con ganas de aprender, dedicou dúas clases a proxectarnos o filme de O señor Ibrahim e as flores do Corán. Nel tratábase o tema do multiculturalismo, da relación que nace entre un rapaz xudeu e un ancián musulmán.

A miña mentalidade aínda se estaba formando naqueles anos, e por iso todas as manifestacións culturais recalaban en min coma nunha esponxa que todo o filtra. Por iso esta película quedou no meu imaxinario.

Pasou o tempo e esta semana, o bibliotecario recomendábame o libro no que se base a o filme, escrito polo francés Eric-Emmanuel Schmitt, quen é doutor en filosofía e profesor, aínda que dedica a maior parte da súa vida á escrita e á dramaturxia. A súa novela O señor Ibrahim e as flores do Corán, recuperada ao galego pola editorial Factoria K de Libros, é a máis recoñecida da súa carreira, e ocupou o primeiro posto na lista dos máis vendidos do país galo.

Dous habitantes solitarios da rúa Azul, no París dos anos 60, traban unha entrañable amizade que transcende as súas respectivas crenzas. Momo é un rapaz que está cheo de vitalidade e de ganas de experimentar as sensacións novidosas da vida e o señor Ibrahim achega a súa experiencia por ter vivido xa moitos anos. Ambos aprenderán moito o un do outro.

É esta unha obra que nos fai ter esperanza, que nos mostra que o mundo pode verse cambiado en pequenos xestos.

“Hai infancias que se deben abandonar, infancias das que cómpre curarse”.M

Mais tamén se descobre aquí un barrio de oposicións, de detalles e de contradiccións nunha amizade entre dúas persoas aparentemente diferentes, pero ao fin moi iguais en canto á busca de compaña.

Ficha técnica

9788496957091Título: O señor Ibrahim e as flores do Corán

Autor: Eric – Emmanuel Schmitt

Editorial : Factoría K de Libros

Ano de publicación: 2007

Número de páxinas: 64

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.