Facer un xornalismo comprometido nestes tempo é difícil, máis que difícil. Pero non nos debemos deixar levar ao carro das cousas que se van, senón que temos que aproveitar o que nos dan os novos tempos. No xornalismo, os novos tempos implican unha forma de renovarse na web. Ignacio Escolar comezou a charla na Facultade de Ciencias Da Comunicación de Santiago cun intenso positivismo que contrasta co que a miúdo se nos di aos futuros xornalistas.
Nun panorama no que a prensa en papel perde cada vez máis lectores, está a outra vertente de que os medios online poden ser viables. Ademais, hai unha diferenza clara entre os medios tradicionalmente impresos e os que nacen dende a web: estes parecen nacer sen ansias de estar pegados aos poderes fácticos a diferenza dos outros. A prensa ideolóxica xa non pode ser viable e máis cando a sociedade é cada vez máis plural e le máis dun medio. As ideoloxías nótanse máis.
Eldiario.es, do que é director Ignacio Escolar, nace co lema de “Periodismo a pesar de todo” e con isto pretenden rememorar e remarcar que o xornalismo é un oficio, é o garante de que a liberdade de expresión poida ser posible. Por iso, o diario tamén ten moi en conta a participación do usuario que comenta e aporta datos ao xornalismo. Así será un xornalismo diferente e máis participativo.
Pero todo este positivismo transmitido lévame á reflexión: realmente teremos unha oportunidade todos ao saír da facultade? Realmente poderemos competir cos medios que xa están tan asentados? Cést le temp qui le dirait.
Descubre más desde Lecturafilia
Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.
