A loita contra unha vida «imposta»

Sempre crin que as palabras máis profundas e reflexivas nacen cando alguén está triste.

Esta semana rematei de ler Cartas desde el infierno (1998) de Ramón Sampedro. Este é coñecido por levar a cabo durante vintecinco anos unha ansiosa loita por acadar a eutanasia debido á súa tetraplexía.

Durante esta loita foi escribindo unha serie de cartas e artigos dirixidos a distintas persoas para reclamar o que el consideraba a súa liberdade e dereitos persoais.

Foi un libro que me fixo reflexionar sobre ata que punto unha persoa pode verse na desesperación ao non sentirse dona do seu propio corpo.

Ao longo do libro, Ramón vai esbozando os seus ideais e sentimentos, de xeito que o lector acabará en certa maneira sentindo a súa dor en carne propia. Iso foi o que me pasou a min. Cando decidín ler esta obra non pensei que me fixese reflexionar tanto como ao final o fixo. Xa coñecía a historia pola película pero co libro puiden entrar máis na mente de Ramón.

O galego Ramón Sampedro escribiu o libro Cartas desde el infierno cun lapis na boca
O galego Ramón Sampedro escribiu o libro Cartas desde el infierno cun lapis na boca

Por que lle foi negada a morte digna? Como el mesmo di, a vida ten sentido para todo aquel que se sente ben nela, pero se perdes o que te fai feliz (neste caso o corpo) xa é inútil a existencia. Do mesmo xeito, foise sentindo escravo dunha moral relixiosa na que el non cría, duns ideais políticos que facían imposible o que el demandaba, dunha ética social que parecía obrigalo e resistir e loitar sabendo que el só quería abandonar a batalla.

A eutanasia é un tema con moitos pros e contras segundo a filosofía dende a cal a mires. Para Ramón a vida non ten sentido: “¿Por qué morir? Porque el sueño se ha vuelto pesadilla. Porque la humana razón es más hipocresía y menos verdad. Y la libertad es sólo para los ingenuos una inalcanzable utopía.” Co sufrimento que el tiña ao estar as vintecatro horas do día nunha cama foi como chegou a realizar este libro, que trata dende a sinceridade máis real ( e encarnizada ás veces) a loita dunha persoa que se consideraba a si mesma “unha piltrafa humana”. E como non entender ese sufrimento? Como non atreverse a saltar a lei cando xa non ves máis solución cá ilegalidade? Iso foi o que fixo Ramón, que se viu una obriga de acudir á súa amiga Ramona Maneiros para poñerlle fin ao seu eterno sufrimento. Acaso cantos de nós ousaríamos vivir deste xeito no que parece que os recordos poden máis que o mesmo presente?

1096629518_0Á marxe dos sentimentos que a obra provoca, ben é certo que tamén ten unha segunda (ou primeira) lectura de protesta contra un goberno que se fai chamar democrático e que non é máis ca un conxunto de xefes que mandan en escravos, como Ramón dá a entender en máis dunha ocasión nas súas cartas:

«Cuando se le falta al respeto a una sola persona, se le falta al respeto a todo un pueblo»

«Siempre hemos sido rebaño y parece que hay muchos a quienes les interesa que lo sigamos siendo».

Para rematar esta pequena reflexión, unha cita do final de Ramón:

“Vivir es como jugar a la lotería. Si lo pensamos bien, sabemos que las posibilidades de que nos toque la felicidad que queremos son de una entre un millón, diez o veinte, pero seguimos jugando porque hay una posibilidad. ¡Queda lugar para la esperanza! Pero si nos quedamos sin el cuerpo, es como si nos quedásemos con la pírrica esperanza de que nos pueda tocar una miserable pedrea, pero nunca un premio importante. Puede haber quién quiera jugar a eso, pero yo no. Yo quiero jugar a esa lotería prohibida, a la de la muerte. Tal vez más allá de la vida haya  otra lotería, y si jugamos a ella –a lo mejor- puede tocarnos un premio de los importantes. ¡Hay una esperanza en la incertidumbre!”

 

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.