«En Suecia é costume dar as grazas por un favor. As embarcacións tradicionais de Galicia eran un tema de luxo para unha tese, e eu podía estudalas en profundidade grazas á axuda dunha bolsa do Ministerio de Asuntos Exteriores español. Polo tanto, debía ir a Madrid dar as grazas por esta axuda e render contas […]
«Resultábame imposible esquecer os ollos de Xoana, alegres, dispostos ao atrevemento. A actriz Audrey Hepburn fora o meu ideal de muller guapa. Xoana lembrábame a Audrey Hepburn, pero tiña unha chispa, unha presteza, unha réplica latente que eu non asociaba coa famosa artista». Así comeza a chispa do amor descrita polo sueco Staffan Mörling no […]