Recoñezo que sempre sentín curiosidade por coñecer o pasado das vilas e lugares polos que paso nalgún momento. Por iso non resulta estraño que, levando xa seis meses no Concello de Bueu (Pontevedra), me sentise fortemente atraída por afondar na historia das Illas Ons, pertencentes ao Parque Nacional das Illas Atlánticas e que se sitúan […]
Recoñezo que leo pouco na miña lingua, pero cando rompo o xeo sempre o fago con moita ilusión e con moito sosego (esta característica non é algo que eu manteña en todos os libros, nos que me invaden case sempre unhas ganas inmensas de avanzar sen descanso). Con ganas comecei Os pantalóns nunca foron cousa […]
O mundo da pesca e do mar na costa galega está cheo de misterios, está dotado dunha personalidade propia e as xentes destes lugares viven sempre co medo a ese xigante das ondas. As vilas mariñeiras como Panxón viven principalmente dos produtos mariños e do turismo, e con moito esforzo.
Regreso ao particular mundo de Berta Dávila, unha galega moi nova cunha ampla traxectoria profesional ás costas. Con Bailarei sobre a túa tumba (2008) gaña o IV Premio Biblos e constrúe unha historia que calquera de nós podería vivir. Todas as mudanzas que ocorren na vida (interior e exterior) dunha persoa que abandona a súa […]