Unha necesidade vital, como o aire para respirar. Así me atrevería eu a describir a miña paixón pola lectura. Xa non é coller un libro por obriga ou por mero aburrimento, senón coller un libro como se foses planificar a maior festa nunca vista. Porque estou segura de que “ler é vivir dúas veces”. Gústanme esas […]
A traxedia grega de Edipo Rey ten unha dualidade entre o que poderían ser as ansias do home por saber todo o que o rodea e, por outra, o medo a investigar sobre o que se quere coñecer. Edipo é un personaxe moi complicado e difícil de entender porque leva no seu interior a culpa […]
Estou de acordo coa afirmación de que unha obra literaria sempre é un todo coa vida de quen a escribe. Polo tanto, vida e obra son como un corpus onde ámbalas dúas beben unha da outra. Ao ler El Perfume de Patrick Süskind, xa dende o comezo me embargou a idea de que tiña que […]
Sempre crin que as palabras máis profundas e reflexivas nacen cando alguén está triste. Esta semana rematei de ler Cartas desde el infierno (1998) de Ramón Sampedro. Este é coñecido por levar a cabo durante vintecinco anos unha ansiosa loita por acadar a eutanasia debido á súa tetraplexía. Durante esta loita foi escribindo unha serie […]