Cuestionario Proust: Dani Costas, poeta

Xosé Daniel Costas, ou Dani Costas, é un poeta moañés, autor de obras como Infancia de vacas mortas, Monicreques, Conservas ou De costumes e agoiros do Mar do Norte. Membro fundador da Asociación Cultural Lonxa Literaria de Moaña. Activista social e cultural vinculado á vila de Moaña, na actualidade exerce como concelleiro neste municipio da comarca do Morrazo.

Coñecémolo mellor neste Cuestionario Proust:

1. O principal trazo do teu carácter? A timidez.

2. Que cualidade aprecias máis nun home? A sinceridade.

3. E nunha muller? O mesmo.

4. Que agardas das túas amizades? Unha boa conversa e a verdade.

5. O teu principal defecto? Non saber delegar. Estou traballando para evitalo.

6. A túa ocupación favorita? Viaxar e coñecer o motivo das cousas ou polo menos intentalo.

7. O teu ideal de felicidade? Beber unha cervexa tostada mentres falo de literatura, arte, de procesos creativos. Aprender das demais.

8. Cal sería a túa maior desgraza? Non hai mais desgraza que a morte o resto pode amañarse.

9. Que che gustaría ser? O que son.

10. En que país desexarías vivir? En Galiza sen dúbida algunha. E non me cambiaría de lonxitude nin latitude. Moaña é o centro do mar.

11. A túa cor favorita? Verde escuro.

12. A flor que máis che gusta? A da camelia.

13. Que paxaro prefires? Gústanme os paíños. A metáfora de adentrarse no mar e a súa fraxilidade aparente.

14. Os teus autores/as favoritos en prosa? Anxo Rei Ballesteros, Ledicia Costas, Rosa Aneiros e Pedro Feijoo.

15. E poetas? Imposible enumeralos sen deixarme alguén atrás. Así que dígoche Xosé Manuel Millán Otero. Xa que empecei a escribir poesía para intentar expresar o mundo como o lin a través dos seus poemas.

16. Un heroe de ficción? Erno Cernui, personaxe a través da novela Morte de Rei educador de Don García. Ese home que coñecín a través da novela levoume a soños épicos na miña infancia.

17. Unha heroína? Nabiza Girl. 

18. O teu músico ou música favorito/a? Xabier Blanco.

19. O teu pintor ou pintora preferido/a? Luis Seoane.

20. O teu heroe ou heroína na vida real? Leticia Santos. Alcaldesa de Moaña.

21. O teu nome favorito? Daniel, o nome do meu avó. Síntome moi afortunado de que me acompañe na vida.

22. Que hábito alleo non soportas? A prepotencia.

23. Que é o que máis detestas? A prevaricación, sen dúbida.

24. Unha figura histórica que che poña mal corpo? Francisco Franco e secuaces.

25. Un feito histórico que admires? A revolución dos cravos.

26. Que virtude desexarías posuír? Ser o mais xusto e ecuánime posible.

27. Como che gustaría morrer? De pé e con esperanza.

28. Cal é o estado máis común do teu ánimo? Son un pesimista informado que nunca deixa de intentalo.

29. Que defectos che inspiran maior indulxencia? A ignorancia.

30. Tes unha máxima ou lema de vida? Na presentación do meu primeiro poemario, Millán Otero díxome: «Nunca lle faltes o respecto á poesía». Alguén o entendeu como unha saída de ton, para min foi a mellor lección do mestre.

Autoría foto do autor: Moisés Magallanes


Descubre más desde Lecturafilia

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Avatar de Desconocido

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Este sitio utiliza Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.