Ana Cabaleiro estréase na literatura con "Sapos e Sereas"
Ana Cabaleiro estréase na literatura con “Sapos e Sereas”

Ana Cabaleiro (Silleda, 1974) vén de debutar na literatura con Sapos e Sereas, un compendio de catro relatos que lle dan una volta de torca a todas as nosas crenzas, aos contos infantís. Ás escrituras bíblicas, mais tamén ás funcións da publicidade no espallamento dos tópicos e as desigualdades sociais. Contra todo isto, os relatos de Ana fomentan a crítica e a reflexión e, como ela ben di, que máis se pode pedir? Xornalista de profesión, Ana Cabaleiro está colleitando un gran éxito con este seu primeiro libro no que se poden ver as influencias de autoras de cabeceira, como Virginia Woolf ou Alice Munro. Uns relatos nos que tamén están presentes as súas orixes rurais e, como non ía ser doutro xeito, esa capacidade innata para fabular. Una voz que tardou en atreverse, pero á que debemos animar a seguir na nosa literatura.

Pregunta (P): Estréaste na literatura co libro de relatos Sapos e Sereas, podes explicarnos o porqué deste título tan suxestivo?

Eu quixen unir o mundo infantil coa pegada que vai deixando no mundo adulto. Por iso o título ten como referencia dous personaxes dos contos infantís, aínda que eu despois lles dou unha voltiña e os traslado ao mundo actual, contemporáneo, a historias do noso día a día. Xogo moito cos estereotipos que os personaxes teñen no noso imaxinario colectivo, e non só os sapos e as sereas, tamén lle dou un meneo a outros, como aos personaxes bíblicos que sobreviven con absoluta normalidade na nosa sociedade, como son os Reis Magos, por exemplo. Este meter os personaxes de sempre en situacións cotiás é unha das cousas que máis está a sorprender ás lectoras e aos lectores. Seguir leyendo “Entrevista Ana Cabaleiro: “Todo o que despois vin escrito, xa o levaba aprendido dos contos falados da aldea””