Todas as persoas temos teimas. Eu sempre que paseo ou coñezo un lugar observo detidamente as casas baleiras, nas que tento indagar que pasou para que as súas portas se pechasen ou os porqués de que unha billa oxidada fique á intemperie. Os obxectos, neste caso, son capaces de poñer a voar rapidamente a imaxinación […]
Brais Lamela é unha das grandes voces da narrativa galega actual, e hai nada acadou o Premio da Crítica da narrativa galega 2022 polo seu libro Ninguén queda, de Euseino Editores, que se vén de publicar en castelán da man da recentemente creada editorial Cuatro Lunas. Desa obra o xurado destacou a “hibridación discursiva derivada dunha […]