Cuestionario Proust: Bibiana Candia, escritora

Bibiana Candia (A Coruña, 1977) ten publicado os poemarios La rueda del hámster e Las trapecistas no tenemos novio, o libro de relatos El pie de Kafka e o artefacto narrativo Fe de erratas. Colabora con Jot Down, Letras Libres e The Objective. Azucre, que podemos ler en galego e en castelán, é a súa primeira novela coa que, por certo, colleitou un gran éxito de público e de crítica.

Coñecémola mellor neste Cuestionario Proust:

1. O principal trazo do teu carácter? A imaxinación.

2. Que calidade aprecias máis nun home? A intelixencia.

3. E nunha muller? A intelixencia.

4. Que agardas das túas amizades? Complicidade.

5. O teu principal defecto? Son moi teimosa.

6. A túa ocupación favorita? Imaxinar.

7. O teu ideal de felicidade? O día que un cachorro chega á casa.

8. Cal sería a túa maior desgraza? Que me quitasen a liberdade.

9. Que che gustaría ser? O que son, escritora.

10. En que país desexarías vivir? En Galicia ou en Portugal.

11. A túa cor favorita? Negro.

12. A flor que máis che gusta? O xasmín.

13. Que paxaro prefires? O corvo e as gaivotas.

14. Os teus autores/as favoritos en prosa? Franz Kafka, Gonçalo M Tavares, Dostoevsky, Cervantes, Juan Rulfo, Milan Kundera, Agota Kristof, Alvaro Cunqueiro, Castelao, Elfiede Jelinek, Bulgákov, Ariana Harwicz, Paulina Chiziane…

15. E poetas? Wislawa Szymborska, Ángel Gonzalez, Rosalía de Castro, Fernando Pessoa, Anna Ajmátova, Odette Elina, Al Berto, Sophía de Mello Breyner…

16. Un heroe de ficción? Joseph K.

17. Unha heroína? A Muller do médico do Ensaio sobre a cegueira de José Saramago.

18. O teu músico ou música favorito/a? Johann Sebastian Bach ou Tchaikovsky.

19. O teu pintor ou pintora preferido/a? Diego Velázquez.

20. O teu heroe ou heroína na vida real? As irmáns Touza e todos aqueles que arriscaron a propia vida por facer o que sabían que era o correcto sen esperar recompensa ou recoñecemento.

21. O teu nome favorito? Boudica.

22. Que hábito alleo non soportas? A má educación.

23. Que é o que máis detestas? A mesquindade, a miseria moral.

24. Unha figura histórica que che poña mal corpo? Os asasinos de Lorca.

25. Un feito histórico que admires? A Revolução dos Cravos, o 25 de abril de 1974 en Portugal.

26. Que virtude desexarías posuír? Gustaríame poder cantar ópera.

27. Como che gustaría morrer? En paz.

28. Cal é o estado máis común do teu ánimo? A calma.

29. Que defectos che inspiran maior indulxencia? Os da gula.

30. Tes unha máxima ou lema de vida? Con estes bois hai que arar.


Descubre más desde Lecturafilia

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Avatar de Desconocido

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Este sitio utiliza Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.