Cuestionario Proust Xosé Monteagudo: escritor

Xosé Monteagudo (Moraña, 1965) é autor de varias novelas, amplamente celebradas por crítica e público. A súa primeira obra, As voces da noticia, obtivo o premio Blanco Amor en 2002. Posteriormente publicou Esta historia (2006), Un tipo listo (Premio García Barros, 2009), O curioso mundo das persoas normais (2012), Todo canto fomos (2016), Eternity (Premio Repsol de Narrativa Breve, 2021) e Vémonos mañá (2023). Todo canto fomos, foi recoñecida en 2017 co Premio San Clemente e co Premio Gala do Libro Galego, converténdose nunha das novelas de maior éxito da literatura galega recente. Algunhas das súas obras foron traducidas ao castelán. Ademais da súa actividade como novelista, tamén imparte cursos e obradoiros de narrativa e dirixe o Club de Escritura da Fundación Euseino?.

Coñecémolo mellor neste Cuestionario Proust:

1. O principal trazo do teu carácter? A constancia.

2. Que calidade aprecias máis nun home? O sentido do humor.

3. E nunha muller? O sentido do humor.

4. Que agardas das túas amizades? Lealdade.

5. O teu principal defecto? O despistado que son en cousas cotiáns.

6. A túa ocupación favorita? Ler e escribir, que son parte da mesma ocupación.

7. O teu ideal de felicidade? Unha vida tranquila e familiar, dedicada á literatura nos seus distintos eidos.

8. Cal sería a túa maior desgracia? A falta de saúde, propia ou dos que me rodean.

9. Que che gustaría ser? Un escritor recoñecido.

10. En que país desexarías vivir? Galicia.

11. A túa cor favorita? Roxa.

12. A flor que máis che gusta? Buganvílea.

13. Que paxaro prefires? O loro.

14. Os teus autores/as favoritos en prosa? Faulkner, Chimamanda Ngozi Adichie, Thomas Mann, Joyce Carol Oates, etc.

15. E poetas?,  Gil de Biedma, Emily Dickinson, Manuel Antonio.

16. Un heroe de ficción? Julien Sorel.

17. Unha heroína? Jane Eyre.

18. O teu músico ou música favorito/a? ABBA.

19. O teu pintor ou pintora preferido/a? Claude Monet.

20. O teu heroe ou heroína na vida real? Nelson Mandela.

21. O teu nome favorito? Antía.

22. Que hábito alleo non soportas? A arrogancia en todas as súas manifestacións.

23. Que é o que máis detestas? O fanatismo.

24. Unha figura histórica que che poña mal corpo? Franco.

25. Un feito histórico que admires? A Revoluçâo dos Cravos en Portugal.

26. Que virtude desexarías posuír? Unha oratoria brillante.

27. Como che gustaría morrer? Sen decatarme e sen avisos previos, a unha idade moi avanzada.

28. Cal é o estado máis común do teu ánimo? O optimismo.

29. Que defectos che inspiran maior indulxencia? A covardía, se non procura a comenencia persoal.

30. Tes unha máxima ou lema de vida? Ter sempre ilusión no que fago.


Descubre más desde Lecturafilia

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Avatar de Desconocido

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Este sitio utiliza Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.